Cargando...

Pontevedra 15 xuño 2009

Pontevedra beach

Semellaba unha promesa dificil de cumplir, poucos eramos os que confiábamos en que a nosa cidade e o noso rio contaran cunha praia urbana, pero ao final o Concello saiuse coa súa e haino que felicitar, ou alomenos asi o fixeron centos de pontevedreses que visitaron o lugar este fin de semana, coincidindo coa súa inauguración o pasado venres, cun espectáculo de luz e son ao que non puiden asistir por mor dunha cea de traballo, pero si estiven xunto cós meus colegas e os nosos fillos o domingo dando unha volta polo lugar. 

extraida da web do concello de pontevedra

Socorrista, bancos de pedra, amplo espazo para o baño e para deitarse na herba, a verdade é que non contaba con que o tema rematara tan ben, somentes podo dicir que levei/levamos unha grata sorpresa ao chegar a sitio en cuestión, a partires de agora será un punto de encontro de moita xente e un lugar máis de lecer da nosa cidade, parabéns ao Concello de Pontevedra polo logro, agardemos agora que tanto o propio governo municipal coma a cidadanía que empregarémolo sitio, demos boa conta del, coidando e respectando o entorno, seria unha mágoa que despois de recuperalo para o noso desfrute o deixemos morrer ou a mesma xente que o empregará dia tras dia non o saiba coidar en condicións, confio logo na boa fe duns e doutros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

4 comentarios a “Pontevedra beach”

  1. o 2009-06-15 ás 8.06 pm 1.Manuls dixo …

    Vaise convertir na chacho-praia… asi que a min non me atrae o mais minimo :(

  2. o 2009-06-16 ás 12.15 am 2.Anxo Bama dixo …

    Breogain, esperemos logo que o problema non sexa soñar ou non soñar. Esperemos que Galiza sexa algo tanxible, real.
    Saúdos

  3. o 2009-06-16 ás 8.29 pm 3.breogain dixo …

    Anxo

    agardemos que asi sexa e non se cumpra aquela máxima de Castelao que dicia que a nosa língua inda sigue viva en Portugal, ogallá o galego siga vivo e na boca de todos e todas neste País, os antigalegos terán moito que pelexar para acabar con el.

    Un saúdo dende Pontevedra

  4. o 2009-06-16 ás 8.32 pm 4.breogain dixo …

    Manuls

    Non sei, moito me amolaria que se convertise nun ghetto para os xitanos (con tódolos meus respectos), a praia foi concebida para tódolos pontevedreses que se queran achegar alí, eu fíxenno o pasado domingo e fiquei marabillado polo ben que deixaron aquel entorno, e alí puiden ollar xente de toda clase social, incluidos tamén os que ti comentas, pero todo nun ambente de cordialidade, non sei, agardo que todo vaia ben e sobre todo que o Concello de Pontevedra mime e coido aquel sitio, tamén nós os veciños, por suposto.

    Un saúdo

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.