Cargando...

Actualidade 31 xullo 2007

“La Voz de Galicia” not found…

Coincidindo có dia 25 de Xullo, dia de festa para tódolos galegos e galegas, os responsables do xornal "La Voz de Galicia", o máis lido en todo o noso territorio e tamén alén das nosas fronteiras, facian o que se da por chamar un "redeseño" da súa edición dixital, ou sexa, da súa páxina web que a cotio adoito consultar, pois ben, o outro dia leveime a sorpresa de que tódalas ligazóns que tiña no meu blogue e supoño que moita xente máis, que databan de antes de ese novo deseño foron anuladas, asi que tódalas fotos ou "url" a artigos que tiñamos foron borradas, "not found" é a palabra inglesa que aparece no google cando busco por elas, eu pregúntome logo disto, quén foi a cabeza "pensante" á que se lle ocorreu semellante cousa, canta xente nos veríamos afectados por isto?, ademais agora, e na miña modesta opinión, a navegación é algo máis complicada, a páxina tarda máis en cargar e tamén as edicións locais son máis difíciles de atopar, como moito sae unha noticia da cidade elexida, o tempo climatoloxico e para de contar..

E xa postos, para cando unha "remodelación" da edición dixital do "Diario de Pontevedra"?, a que teñen agora apenas a actualizan e a verdade, dá un pouco de lástima.

Chuzame! chúzame -

7 comentarios a ““La Voz de Galicia” not found…”

  1. o 2007-07-31 ás 12.26 pm 1.Manuls dixo …

    A min o redeseño me gusta bastante e me parece moito máis usable que o anterior, pero en cuanto a o dos enlaces, pois tes razón en que é unha chapuza supina. Co sinxelo que sería facer una redirección mediante o htaccess… pero claro, ao deseñador seguro que non lle pagaron para que a versión anterior funcionara, e por iso pasa o que pasa.

  2. o 2007-07-31 ás 2.38 pm 2.Brugal con Cola dixo …

    pues a mi si que me funcionan los pocos enlaces que tengo a la voz

  3. o 2007-07-31 ás 4.16 pm 3.breogain dixo …

    brugal, pois a min as ligazóns que son de antes do dia 25 de xullo non me rulan, tiña varias e tiven que cambiar de fotos porque perdin varias delas, o deseño en si está moi ben pero por exemplo, antes, nunha barra de enlaces do lado esquerdo, facias click nas edicións locais, por exemplo, Pontevedra pois accedias a unha páxina enteira de noticias de Pontevedra, e agora, ou son moi nulo ou se fago click en Pontevedra, o único que podo mirar é o tempo e unha noticia nada máis, ahí non estiveron nada finos, ademais por defecto sae A Coruña, claramente.. :)

    saúdos

  4. o 2007-08-01 ás 2.05 am 4.Brugal con Cola dixo …

    Pero para ver las ediciones locales tienes q darle a Galicia y luego te aparecen en un pequeño menú debajo las ediciones locales, y allí pinchas y ya entras

    y lo de Coruña, pos estaba claro… estos de La Voz… por defecto Pontevedra!!

  5. o 2007-08-01 ás 8.58 am 5.breogain dixo …

    Xa, mireino onte, non vale entrar facendo click na povoación, senón que hai que despregar tódalas edicións e logo escoller a que un queira, un pouco máis enfarragoso pero ao final das có que procuras, ademais, sempre é mellor que a web do diario de Pontevedra, que é lastimosa, tanta publicidade nas beiras que dan pouco sitio para o texto, a resolución deberian de cambia-la, da para máis ben pouco, ademais apenas a actualizan, unha mágoa, algúns non temos tempo para merca-la edición impresa tódolos dias…(sic)

  6. o 2007-08-01 ás 1.54 pm 6.F. Miguez dixo …

    Aínda faltan uns anos para que os medios dixitais, así como moitas páxinas corporativas ou da administración, estean á altura das posibilidades que a tecnoloxía e as redes permiten, pero hai que comprender que a vida real dista un pouco do mundo geek.

  7. o 2007-08-01 ás 2.57 pm 7.breogain dixo …

    F. Miguez totalmente dacordo, sen ir máis lonxe, a web do noso concello http://www.concellopontevedra.es/novo/index.asp
    tiña moi boa pinta hai uns anos, tantos coma cinco ou seis, pero agora, sen actualizacións e case sen mantemento é lamentable, cando outras, coma por exemplo a do Concello de A Coruña permiten todo tipo de xestións administrativas sen ter que desprazarse, cando aprenderán e gastarán os cartos niso…

Trackback This Post | Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.