Actualidade & Pontevedra 24 xuño 2009
Facendo números sobre a “mani” do 19-X
Xa van uns cantos dias alá da manifestación, máis ou menos exitosa, en defensa da capitalidade de Pontevedra, non serei eu quén de discutir se o lema elexido para a ocasión foi máis ou menos atinado, pero ahí está, e moitos pontevedreses e pontevedresas fumos detrás desa faixa o pasado venres 19 de xuño. Xa correron rios de tinta, como era de agardar, sobre o número de manifestantes que acudiron a ela, un servidor estivo alí e ten que recoñecer que non foi nin de lonxe algo semellante á famosa do 5-X, pero si que estivo concurrida, non teño nin idea de cantos seriamos alí, para iso está a policia local, que dos partidos políticos e mailos organizadores non se pode fiar un, inda que semella que da Policia local tampouco, ou alomenos iso é o que pensa o Partido Popular local, có tándem Telmo-Moreira á fronte, que nun exercicio de demagoxia e de absoluta falla de respecto, cargaron as tintas contra a mencionada policia local na figura do seu xefe Daniel Macenlle, si, esa policia local coa que terán que traballar se algún dia chegan ao governo municipal, pero vamos, que nos diversos mentideiros locais (chamádelle foros de internet) apuntan a que o ex-alcalde de Sanxenxo mesmo poderia ate chegar a presenta-la súa demisión, en vista do ninguneo ao que se viu sometido por parte do Partido Popular provincial de Louzán e compañia.

Estas liñas non son para defender a Lores nin a Teresa Casal, nin moito menos, a min o que verdadeiramente me importa é a miña cidade, o seu presente e mailo seu futuro, e teño que admitir que os nosos políticos locais non están á altura das circunstancias, o governo bipartito estase desgastando por momentos e cecais cómpre unha renovación, pero o Partido Popular tampouco é quén de presentar nin moito menos unha oposición coherente e seria. E por certo, na manifestación á que, repito, tiven a ocasión de asistir coa miña familia, -na cal, fóra tópicos, non temos ningún funcionario nin local, nin autonómico nin estatal- habia tamén algúns simpatizantes (non sei se militantes tamén) do partido popular do señor Telmo Martín, si señores, amigos e coñecidos de recoñecida militancia popular, asi que tomen boa nota dende os bancos azuis, non todo vale en política, tampouco tomarlle o pelo aos pontevedreses, porque o venres habia xente de todos los gustos y colores...
Por certo, ¿pódese ser tan cazurro e tan inútil coma poñer un titular coma éste nun xornal? ¿¿¿MANIFESTACIÓN CONTRA VIGO?? ¿É isto xornalismo serio ou unicamente son unha panda de xuntaletras estos do Atlántico Diario?, xente asi habia que deportala a un gulag en Siberia, por favor, que pouco sentido común.







o 2009-06-25 ás 10.39 am 1.Sísar dixo …
Había mopita xente sí, pero non esa cifra dada nin de lexos. Eu cheguei a Pontevedra as 20:50 e pícame a curiosidade de observar ó exito da convocatoria dende o propio goberno municipal. Despois de percorrer Andres de Muruais, Virgen del Camino e parte de Eduardo Pondal tiven que chamar pra saber onde estaba porque non a encontraba. Cheguei a pensar que fóra suspendida polo terrible atentado ata que me encontrei cun policía local que me indicou onde estaba.
Tomei un café nun bar de Sagasta mentres pasaba. Moita xente, sí, e dahí a confusión pero os que íbades nela sabedes que só era pola calzada, a pasillo de procesión e con enormes hocos. Falei con moita xente e coma pontevedrés alegroume velos ahí defendendo a nosa cidade pero sinceramente eu non ateopei a ninguén do Pp aínda que iso sería o de menos porque un non está pra defender un partido senón a xente a que representa.
Marchei cando pasou o último e na praza de Compostela, na Verdura, Curros Enríquez estaban tódalas terrazas cheas de xente, coma un vernes normal. Sen entrar en cifras o que sí quere poñer de manifesto e que na cidadanía non había ambiente de manifestación por ningún lado. E deixando de lado o tema político as manifas triunfan ou non se parten dos cidadáns e non dende o goberno.
o 2009-06-25 ás 7.57 pm 2.breogain dixo …
Xa dixen no comezo do post que non ia a rifar con ninguén por cantas persoas asistiron á manifestación, para iso xa están Telmo, o Concello e maila policia local de por medio, pero o que si teño que dicir é que sendo moitos ou poucos os que a este acto asistimos, con elo manifestamos o noso máis enérxico rexeitamento a políticas coma esta, de enfrontar a cidadáns contra cidadáns, porque tamén escoitei algún que outro berro contra Vigo que non me gustou nada de nada, non entendo que a Xunta de Galiza estexa emperrada en facer un superdelegado exclusivo para Vigo, unha maneira velada de darlle azos á cidade olívica nas súas demandas dunha quinta provincia galega, de verdade, son de esquerdas e nacionalista, pero ante todo pontevedrés e cidadán galego, e Feijoo estame decepcionando certamente, atopámonos nunha situación moi convulsa, sobor de todo no plano económico, e en troques de promover políticas que vaian encamiñadas a mellorar esta situación na que nos atopamos, andan a enredar có idioma, enfrontar a dúas cidades e a ningunear aos traballadores, aos gandeiros…. de verdade, que espabilen canto antes e non veñan dicindo que todo isto é herdanza do anterior governo, iso non me vale como excusa, na precampaña prometeu que tiña o remedio para mellorar a situación económica e todo sigue igual ou peor, o colmo prometerlles axudas aos gandeiros e ao final o único que fai é darlles créditos, joder, se xa non teñen un can como van paga-los créditos, por moi brandos que sexan, en fin, que perdimos a oportunidade de facer un Grupo Lácto Galego e agora se cadra xa é tarde de máis.
Un saúdo Sísar
o 2009-06-26 ás 10.43 am 3.Tribuno dixo …
Eu tamén fun, tampouco me aventuro a facer contas, pero o que si sei e que poucas manifestacións houbo na cidade na que fora tanta xente, a do 5-X, a do prestige e da guerra de Irak. O que quedou demostrado e que para a xente da cidade é un tema moi sensible. O de Telmo&company de traca, foron moita xente votante do PP, e digo máis, a xente máis concienciada neste tema ata atreveríame a dicir que son xente afin ó PP.
Un saúdo.
P.D. xa naceu a miña filla e copieiche o do chupete, aínda que ó final non lle o usa.
o 2009-06-28 ás 1.54 am 4.paidovento dixo …
En canto me enterei da manifa pola prensa, veume á cabeza unha canción dun grupo pontevedrés de finais dos oitenta. Creo que se chamaban “Mínima expresión” ou algo semellante. O retrouso da canción era así:
Ni Vigo, ni Portugal.
Pontevedra, capital.
Non soaban mal, unha mestura entre “punk” e pop.
Se podes, pasa polo meu blog para cubrir unha enquisa.
Un saúdo.
o 2009-06-28 ás 10.54 am 5.breogain dixo …
a min isto da rifa pola capitalidade entre Vigo e Pontevedra paréceme dunha artificialidade tremenda, non habia problema ningún antes das eleccións, e agora móntanse unha historia por mor do super-delegado que desenterra vellas rencillas entrámbolas dúas cidades, eu na puñeteira vida tiven nada contra dos vigueses, faltaria máis, a miña visión máis moito máis aló do localismo mal entendido que teñen algúns, tanto dun lado coma doutro, para min todos somos galegos e punto, hainos por ahí que din que nin tan sequera deberian existi-las provincias e as deputacións, que son inventos do Estado Español para dividir aos galegos, ahí xa non entro, pero o feito de montar todo este tinglado polo feito de, na práctica, case que darlle azos a Vigo para que reclamen unha quinta provincia, paréceme como digo dunha falta de lóxica e de respecto cara aos pontevedreses enorme, Feijoo ten moitas cousas nas que pensar agora mesmo, ten en Vigo unha folga do metal (e no resto da provincia claro) na que deberia concentrar tódolos seus esforzos, iso o primeiro.
Un saúdo paidovento, pasareime de contado polo teu blogue a botarlle unha ollada a esa enquisa.
Saúdos
o 2009-06-28 ás 11.15 am 6.breogain dixo …
por certo tribuno, o teu comentario estaba en spam, acabo de ollalo agora e publicalo, perdoa por non ter saido antes…..
e parabéns pola túa parternidade
non che queda nada….jajaja.
o 2009-06-28 ás 8.52 pm 7.O Traveseiro dixo …
Me pregunto cal sería para o Atlántico Diario a asistencia de público a Balaídos no Celta-Xerez da derradeira xornada. Igual até puxeron que había máis de 5000, ou a saber.