Cargando...

Historia 7 agosto 2007

Pontevedra, orixe do topónimo.

Inda que as orixes de Pontevedra nacen nos castros celtas de Santa Maria e San Francisco, atribúese mitoloxicamente a fundación da cidade ao grego Teucro, irmán de Ajax, que loitou na guerra de Troya e que a bautizou có nome de "Helenes", posteriormente os romanos xa facian referencia a unha cidade chamada "Ad duos pontes", situada na súa via XX "Per loca marítima", a cal comunicaba Braga con A Coruña. Xa na época medieval, concretamente no século XII, e baixo o reinado de Fernando II, a cidade aparece por primeira vez baixo o seu nome actual "Pontem-Veteris", aludindo ás ruinas da vella ponte romana, dato que aparece reflexado nun documento no mosteiro de Poio, moito tempo despois, no ano 1833, coa creación das provincias, Pontevedra converteuse na capital da provincia do seu mesmo nome.

Chuzame! chúzame -

4 comentarios a “Pontevedra, orixe do topónimo.”

  1. o 2007-08-07 ás 11.14 pm 1.susolista dixo …

    Puente Viedra que diciria Sir Paco Vazquez. Precioso casco vello.

  2. o 2007-08-07 ás 11.42 pm 2.breogain dixo …

    suso, por ahí contan as malas línguas que Pontevedra ten o máis fermoso e mellor coidado casco vello/histórico de toda Galiza, e a verdade, razón non lles falta, é grande, foi e esta sendo restaurado, e cada dia ten máis vida, cada vez que paso por el abren novos comercios de todo tipo, hai máis vida e bullicio e iso da gosto velo.

    Un saúdo.

  3. o 2007-08-08 ás 12.47 am 3.Brugal con Cola dixo …

    Bonito post Breogain.

    La verdad que lo del casco viejo de nuestra ciudad es de lo más bonito que hay en la Galicia, así por ejemplo La Voz la nombró entre las 7 maravillas gallegas.

    Un saludo

  4. o 2007-08-08 ás 1.27 am 4.Suevo dixo …

    Inda que sexa de ciencias, sempre me molou un mazo cando no instituto viamos as transformacións que sofria unha palabra do latín ao galego e castelán

Trackback This Post | Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.