Política 3 xullo 2009
¡¡ Na Xunta liquidamos audis, faite có teu !!
Dame a impresión que dende a Xunta non sabe como porlle final a esta pantomima que montaron para as autonómicas do mes de marzo, agora liquidan o parque móbil de luxo que tiña o presidente e mailos conselleiros, eses automóbiles da marca que todos coñecemos e que na súa maior parte foron mercados na época de Manuel Fraga, a él tamén lle gustaban os coches de alta gama, pero semella que iso tanto ten, ou iso é o que podemos entresacar do dito polo señor Alfonso Rueda á preguntas dun xornalista, ao cal respostou que iso non tiña demasiada importancia, vamos, que non viña a conto e que permutarán audis por vehículos sociais, ¡¡ veña populismo barato !!.
Agora o señor presidente descólgase con que non levará blindaxe no seu vehículo oficial, que o citroën con que conta, ten as medidas de seguridade axeitadas para o fin ao que é disposto, declaracións que ao meu modo de entender supoñen un reclamo innecesario, posto que agora é un obxectivo doado para ser agredido, asi que unha cousa é seguir coa patochada de desfacerse dos tres coches blindados, dous deles mercados na era Fraga e outra a de ir de valente pola vida e poñer en perigo a súa vida, pero vamos, vós mesmos, malvendede o patrimonio dos galegos por seguir con esa patochada ate o final.







o 2009-07-05 ás 10.01 am 1.pasaba por aqui dixo …
sobran palabras….
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Fraga/compro/ano/blindados/Tourino/elpepiautgal/20090702elpgal_5/Tes
que vergüenza y cuán grande la demagogia de esta gente.
o 2009-07-05 ás 12.03 pm 2.breogain dixo …
Pois logo disto xa me dirás…
http://www.xornal.com/artigo/2009/07/05/politica/xunta-gasta-000-euros-ao-ano-nos-coches-manuel-fraga/2009070423041037716.html
o 2009-07-05 ás 8.54 pm 3.Félix dixo …
Coido que agora mesmo na Xunta hai cousas “liquidables” moito máis urxentes…
o 2009-07-06 ás 1.20 pm 4.Eu tamén pasaba por aquí dixo …
http://www.youtube.com/watch?v=D1JlLdI2HPQ
o 2009-07-07 ás 8.17 pm 5.breogain dixo …
eu tamén pasaba por aqui….
graciñas polo video e pola vosa demagóxia que non ten parangón…
¿66 euros un lavado?
perdoa, pero o meu xefe ten un A8 tamén e un lavado a man con limpeza interior non pasa do 25 euros, alomenos aqui en Pontevedra, non sei en Santiago…jajaja, non mintades máis, que dos 3 audis blindados dous eran de Fraga e dos 22 audis normais, 18 eran tamén de antes do bipartito, demagoxia pura e dura é o voso, hai que rentabiliza-la mentira da campaña e seguir con esta patochada ate onde chegue, agora malvendede os coches pagados por tódolos galegos, tamén o touareg de Fraga en Madrid e cambiádeos por furgonetas para que Galicia Bilingüe propague o odio ao galego por todo o noso País.
Vergoña debia darvos a algúns seguir con esta farsa.