Música 9 xullo 2009
Festival Vibrasons 2009
Pois aqui tede-lo cartaz da edición 2009 do Vibrasons, o festival de música alternativa que se celebra en Pontevedra e que xa vai pola súa terceira edición, supón toda unha ledicia contar cun evento coma este que amplia a oferta musical do verán pontevedrés, e inda que estamos en tempos de crise e supoño que verian recurtado o seu presuposto para contrata-los grupos, seguen a manter un magnífico nivel ofrecendo tres dias de concertos con bandas de galegas e extranxeiras, algunhas coma a Noruega Vibeke Saugestad tocan por primeira vez no Estado Español.

Pois nada, os que sexades amantes da escena alternativa tedes un magnífico festival e totalmente de balde na praza da Ferrería da nosa cidade, os dias 30 e 31 de xullo e 1 de agosto, asi que achegádevos por alí a tomar unha caña e escoitar un pouco de música nestas cálidas noites do verán pontevedrés.






