Cinema e televisión 26 agosto 2007
Vai de futbol…hooligans, a película.
O fútbol sempre pode ser visto dende dous prismas diferentes, dende o asento comendo pipas, ou dende a bancada, de pé, berrando e dándolle alento ao teu equipo ao longo dos noventa minutos, este segundo modo de ve-lo deporte máis practicado no mundo é unha forma de vida para os chamdados "hooligans", o fútbol é unha relixión na illa británica dende tempos remotos, a paixón e o sentimento con que se vive este deporte non ten igual no resto do planeta, os hooligans pasan por ser os siareiros máis radicais e acérrimos aos seu clubes, conforman as chamadas "firms" ou "crews" e para eles o dia de partido é un dia de festa, de pintas no pub e de bronca cós siareiros rivais cando cadra.
Mirei a película hai xa tempo, chamado pola miña afección ao fútbol, o tirón de Elijah Wood é innegable, na película fai o papel de protagonista, todo comeza cunha viaxe a Londres para visitar a un familar, logo pouco a pouco vaise ver atrapado polo mundo das bancadas e entrará a formar parte da mítica "Inter City Firm", a firm (grupo de afeccionados) máis importante e famosa do West Ham Football Club, chamada asi por emprega-lo tren de cercanias (inter-city) para os seus desprazamentos aos partidos e asi burlar tamén o control policial, a película é un reflexo da realidade das bancadas británicas, máis antes que agora, xa que na actualidade e dende a traxedia de Heysel están moi controlados, unha pelicula moi recomendable para quén goste do fútbol, aqui tede-lo trailer, por certo, hoxe bota a andar o Pontevedra 07-08, ogallá teñamos sorte este ano e academo-lo arelado ascenso a 2ª.
chúzame -






