Axenda 27 xullo 2009
Manifestación antitaurina en Pontevedra o 1 de agosto ás 19:00 horas diante da Peregrina
Xa temos data para a manifestación antitaurina que comeza xa a ser unha tradición na nosa cidade, xusto no dia que comeza ese acto salvaxe e despreciable que algúns queren chamar noble arte del toreo, esta será a terceira edición dunha manifestación que ten coma obxectivo o de denunciar o maltrato animal encuberto coma festa nacional, que procura a concienciación da sociedade pontevedresa nun tema tan importante coma é éste, no que con cartos públicos, nomeadamente os da Deputación de Pontevedra do señor Louzán, apóiase esta barbarie que moitos rexeitamos de plano.

Seis son os puntos básicos que reclama a Coordenadora Antitouradas de Pontevedra, antigamente coñecida como a Plataforma Antitaurina de Pontevedra, pero que mudaron o seu nome con afán integrador e para dar cabida a máis colectivos e máis adhesións de particulares de dentro e fóra da nosa cidade, o que personalmente atopo coma un total acerto, posto que outros anos a Plataforma Antitaurina cecais estaba algo politizada de máis, sobre todo có tema da normativa AGAL nos cartazas e todo iso, a continuación déixovo-los seis puntos básicos que reclaman, nada máis, somentes comentar que A ponte vella e mailo seu administrador súmanse ás numerosas adhesións de particulares e colectivos que están a ter os da Coordenadora Antitouradas estes dias, eu tamén estarei presente o dia 1 de agosto.
6 pontos básicos que reclamamos dende a Coordenadora Antitouradas de Pontevedra.
1) Cese inmediato de axudas encubertas ás touradas por parte de todas as institucións, nomeadamente da Deputación de Pontevedra, principal financiador público.
2) Instar á Xunta a aprobar unha Lei de Protección Animal que proíba as touradas e espectáculos onde se torture ou mate animais.
3) Declaración por parte do Concello de Pontevedra como “Cidade Antitouradas” e amiga dos animais.
4) Supresión das touradas como reclamo turístico por parte das Institucións públicas, así como dos programas de festas.
5) Erradicación do uso de espazos públicos para a promoción das touradas.
6) Reconversión da Praza de Touros nun Coliseu para espectáculos culturais e concertos.
Manifestación antitaurina en Pontevedra, 1 de agosto ás 19:00 horas diante da Peregrina.







o 2009-07-27 ás 2.15 pm 1.RamiroPereira dixo …
Muitas grazas polo teu apoio Breo. Este ano o que fijemos foi integrar a muita máis xente cun único obxetivo O Fin desta barbarie. Co tema da lingua pois decidimos fascer metade e metade ou sexa, 50 por cento en AGAL e outro tanto en normativo. Agardo verte por alí entón que ha muito que nom nos vemos! Apertas meu!.
PONTEVEDRA ANTITOURADAS
o 2009-07-31 ás 8.54 pm 2.breogain dixo …
de nada, eu tamén estou en contra desta barbárie… e por certo, que lamentable a actitude destes señores.
http://www.youtube.com/watch?v=nwfZ9Qj18NQ
o 2009-08-08 ás 11.37 am 3.Helen87 dixo …
Boas Tardes,
Unha vez máis acabei vendo a túa páxina mentras buscaba imaxes do que foi unha gran manifestación en Pontevedra; a verdade que non fun a ninguna manifestación xa que non son partidaria do que pasa despois; neste caso animeime a ir, pese alguns percances que houbo frente a praza de touros foi unha manifestación bastante pacifica que reclamaba os dereito dos animais, neste caso dos touros.
Xa sei que é moi complicado ter unha páxina o día pero a verdade é que a túa esta moi ben e é unha pena que non a teñas actualizada.
Saudos
(Perdonade se o meu galego non é bo pero estou acostumada a falar e escribir en castelán)
o 2009-08-08 ás 2.02 pm 4.RamiroPereira dixo …
a manifestación foi desconvocada na peregrina. A xente que foi a praza de touros foi a nivel individual.
o 2009-08-10 ás 11.47 am 5.breogain dixo …
Ola Helena
Graciñas pola túa visita, que mais quixera eu que poder actualiza-la páxina con máis asiduidade, pero coa cativa écheme case que imposible, pero vamos, que de cando en vez posteo algo e segue a ter bastantes visitantes que coma ti comentan e cós
o 2009-08-10 ás 11.49 am 6.breogain dixo …
Ola Helena
Graciñas pola túa visita, que mais quixera eu que poder actualiza-la páxina con máis asiduidade, pero coa cativa écheme case que imposible, pero vamos, que de cando en vez posteo algo e segue a ter bastantes visitantes que coma ti comentan e cós que charlo de temas de actualidade tanto da miña cidade coma do resto do mundo
No tema da manifestación nin idea, apoio o tema pero non puiden ir porque tiven outro acto á mesma hora en Poio e foime imposible estar nos dous, e polo galego non te preocupes, graciñas polo esforzo de escribir na nosa/túa língua.
Un saúdo