Actualidade 8 agosto 2007
Fogos de artificio e festas de verán.
Adoita ir detrás dos gaiteiros, charangas ou da banda de música, camiñando polas corredoiras, camiños ou rúas, a súa figura vai ineludiblemente ligada á festa dos povos, vilas ou cidades, é o fogueteiro, un traballo estacional onde os haxa e como tal o ano pasado a súa continuidade viuse seriamente amenazada, o governo da Xunta dictaba unhas normas para controlar actividades que podian provocar incendios forestais, e entre elas estaban a do lanzamento de foguetes pirotécnicos nos povos e vilas, a normativa falaba de que non se podian lanzar baixo nengún concepto foguetes sempre e cando a autoridade municipal non supervisase e garantise a seguridade do acto. Hai un par de dias, estaba no traballo e unha vez máis, e como tódolos anos puiden escoita-los fogos de "San Salvador", no veciño concello de Poio, os fogos botáronse perto da ria e polo tanto as carcasas valeiras deberon caer na auga, non haberia perigo polo tanto, pero este fin de semana comezan as nosas festas, as da Peregrina, e adoita ser habitual facer alomenos dúas tiradas de fogos de artificio, unha ao principio, no rio Lérez e outra de fin de festa nas Corbaceiras, agardo polo tanto que o noso Concello de Pontevedra non eluda a súa responsabilidade e tome as oportunas medidas de control e seguridade para poder desfrutar como tódolos anos, porque tanto a nenos coma maiores nos gusta desfrutar dos estouridos e das cores deste increible espectáculo.
chúzame -






