Cargando...

Galiza 24 xullo 2009

Galeg@s somos, galeg@s seremos…

25 de xullo, o dia da pátria galega, o dia dos galegos e galegas de ben, dos bos e xenerosos, dos que amamo-la nosa terra e defendémola dia a dia, dos que non permitimos as aldraxes ás que ésta se ve submetida e dos que non estamos dacordo có rumbo que levamos, dos que non baixamos a cabeza ante ninguén, dos que arelamos maiores cotas de autogoverno, dos que temos o anceio dunha língua respectada por todos, tamén por aqueles que non somentes non a falan, senón que traballan arreo por que ésta desapareza dos nosos colexios e dos nosos corazóns, dos que defendemo-los nosos sectores produtivos e o noso tecido industrial e empresarial por riba de todo, dos que non permitimos inxerencias foráneas nin pedimos esmola, somentes exixímo-lo que é noso por dereito propio.

Hoxe dia da pátria galega, síntome máis orgulloso ca nunca de pertencer a esta terra, de chamarme a min mesmo galego, de sentir morriña cando estou lonxe dela, de acariña-la súa terra, a súa herba e a auga que baña as súas praias cada dia, de sentir o seu vento zoar por entre as árbores, inda que sexan eucaliptos, e de berrar con orgullo e fachenda aos catro ventos nun dia coma hoxe..

¡¡ Eu son galego !!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

3 comentarios a “Galeg@s somos, galeg@s seremos…”

  1. o 2009-07-25 ás 3.18 pm 1.adRy0ne dixo …

    galego e orgulloso!
    felicidades a todos os galegos

  2. o 2009-07-26 ás 2.19 am 2.Julio Torres dixo …

    Síntome moi orgulloso de ser e falar galego.

    Un saúdo desde Sanxenxo, amigo
    Carpe Diem

  3. o 2009-07-27 ás 3.00 pm 3.breogain dixo …

    Un saúdo a todos os que visitástedes este blogue nun dia tan especial para tódolos galegos e galegas.

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.