Actualidade 10 agosto 2007
Pasarón, o conto de nunca acabar.
Bombazo onte na Comisión de seguimento das obras do novo Estadio de Pasarón en Pontevedra, parece ser que alguén botou mal as contas e o inicial presuposto de 7.2 millóns de euros para executa-la obra de remodelación total do campo pódese duplicar e chegar a perto dos 15 millóns, alegan o incremento do prezo do aceiro, os custes da demolición ou o mal cálculo dos materiais a empregar. A empresa adxudicataria da obra, os culpables de perpetar este delito, unha empresa á que lle chaman "Oreco", di que vai a presentar outro proxecto reformado cós novos costes, vamos, un escándalo en toda regla, porque polo visto tamén as cubertas das bancadas estaban mal deseñadas, seino, porque na fase de ascenso collin unha molladura de "padre y muy señor nuestro", tampouco contaron cós vestiarios provisionais e algunha cousa máis, en fin, o de sempre, como lle chamaba aquel, isto é a "Chapuza nacional", non pasa nada, xa estamos acostumados a incompetentes e inútiles ocupando cargos que se cadra non merecen.
chúzame -







o 2007-08-10 ás 4.42 pm 1.Brugal con Cola dixo …
que vergüenza esto de pasaron…
mejor no decir nada que sino me caliento…
un saludo y felices fiestas de la Peregrina!!
o 2007-08-10 ás 6.08 pm 2.breogain dixo …
un cachondeo total, agora coas obras pola metade resulta que hai un desfase orzamentario e importante polo visto, isto xa parece o de Terra Mítica, pois supoño que haberá un responsable de todo isto, en Oreco á algún listillo fóiselle a man á hora de facer contas, por iso eran os máis baratos claro, nós presentamos un proxecto barato e logo xa haberá tempo para ir subindo, que si os materiais, que como está o mercado, que as horas dos obreiros…:(
o 2007-08-10 ás 10.40 pm 3.Valde dixo …
A min isto de Pasarón ponme dunha mala os…
o 2007-08-11 ás 10.23 am 4.breogain dixo …
xa, o de que as obras foran lentas inda tiña un pase, pero que agora a constructora non soubera bota-las contas e pase isto, a min paréceme algo irrealista e ilóxico, os afeccionados granates non nos merecemos unha situación coma ésta…:(