Cargando...

Actualidade 11 agosto 2007

Hoxe comezan as festas da “Peregrina” 2007.

Capela da Peregrina (foto de Andrés Milleiro)Coa lectura do pregón por parte de Manolo Moldes, hoxe ás 12:00 horas dende a balconada do Concello de Pontevedra, dase o pistoletazo de saida a unha semana de festa e diversión na nosa cidade, unha semana de concertos, verbenas , charangas polas rúas, actividades deportivas, espectáculos pirotécnicos e tamén taurinos, porqué non, ofrendas florais, mercadillos e feiras, barracas de feira e festa, moita festa e diversión para os pequenos e para os que non o somos tanto, son dias para curiosear nos postos de roupa, tomar unha caña nunha terraza ou probar sorte cós dardos ou con esa carabina de aire que nunca funciona como quixéramos, porque todos somos grandes tiradores, por suposto, son dias de excesos, de xuntarse outra vez cós amigos que se cadra non vemos no resto do ano, para ir a algún concerto inda que non sexa moi do noso agrado, pero hai que botar un ollo a ver que tal. A min particularmente a semana das festas da Peregrina paréceme o mellor momento do ano para vivi-la miña cidade, pode ser que sexa o momento de máis tráfico e máis molestias pero esa marea humana de xente que sae ás rúas ou que nos visita nestas datas danlle un colorido e un aspecto especial a Pontevedra, ademais este ano agardo as festas cunha ánsia especial xa que o ano pasado por estas datas estaba de viaxe polo Caribe e non puiden desfruta-las como quixera, iso si, cheguei a punto para a "Feira Franca", pero iso xa é outra historia da que falarei máis adiante, agora o que toca é concentrarse no que temos entre mans e iso é pois o terceiro dia de peñas e tamén o concerto de Barricada esta noite na praza da Ferreria, eu xa para comezar con mal pé, estarei todo o dia de voda fóra de Pontevedra, asi que nin pregón, nin peñas nin concerto, cecais chegue para escoitar un pouco, pero o domingo e o resto da semana ahí estaremos desfrutando con todos vós da nosa semana grande.

Pasádeo ben, desfrutade e esquecede as preocupacións por uns dias, aqui tede-lo programa completo.

Chuzame! chúzame -

4 comentarios a “Hoxe comezan as festas da “Peregrina” 2007.”

  1. o 2007-08-12 ás 6.13 am 1.Luis dixo …

    Acabo de chegar de parranda das peñas en Pontevedra, menuda festa! Viñeron amigos meus de Vigo, Coruña, Santiago, Lugo, Monforte de Lemos… Unha representación variada de toda Galiza… Os fogos foron bos, a piques estiven de quedarme xordo co barullo que fixeron… E despois a festa, polo casco vello era case imposible moverse… Pasei polo concerto de Barricada e había moito ambiente… Vivan as festas da Peregrina e viva Pontevedra!

  2. o 2007-08-12 ás 12.11 pm 2.carmiña dixo …

    As festas polo de agora moi ben, salvo o espectáculo das peñas. Coido que incluso vou a deixar de ser anti-taurina, porque as peñas de sempre son as que mellor comportamento tuveron nas ruas, as novas peñas dan autentica vergoña, unha deas miñas sobriñas acabou regada por viño García Carrión, ¡que queres que te diga! En menos de 15 segundos 2 “cafres” se vaciaron tres “tetra bricks” da susodita marca, se regaban con ela como si fora auga, sen ter en conta á xente que pasaba por alí. Na zona vella a noite non se podia entrar, nin Teucro, nin Verdura, nin Pz Santamría (xa nin falo das “Cinco Ruas” o “Campiño” o da “Fonte dos Tornos”, que eran as tradicionais), e se me apuras, te contarei que xa nin na Praza da Peregrina se pode pasear con tranquilidade, as “Festas” son de todos, penso eu, no só dos que queran faacer o tolo.

  3. o 2007-08-12 ás 2.06 pm 3.Luis dixo …

    Estou de acordo en todo contigo Carmiña, eu tamén estou en contra dos “cafres” que ou ben mollan a quen lle peta ou ben botan todolos seus desperdicios polo chan e non recollen nada, ou dos que mexan e vomitan nos portais. Para min tampouco iso é unha festa. Pero non por esa xente vou deixar de sair e pasalo ben. Creo que cada un ten que saber cómo debe comportarse, é soamente unha cuestión de civismo. Non creo que a diversión teña que estar reñida coa educación. Os “cafres” haberalos sempre, faga o que se faga; se ven é certo, que por exemplo, sabendo o que vai acontecer cada día de peñas, o concello podería ter preparados contenedores especiais para a festa, ademáis a baños públicos… É un tema complicado, de feito penso moitas veces na xente que vive na zona vella. Non debe ser fácil aturar cada fin de semana o ruido e a suciedade… E como moi ben dicías, A FESTA, DE TODOS!

  4. o 2007-08-13 ás 8.48 am 4.breogain dixo …

    Estou dacordo con vós, o tema do desfrute das peñas polas rúas e prazas de Pontevedra é un tema peliagudo, a xente pode divertirse e pasalo ben sen molestar aos demais, a rapazada toda deberia concentrarse como moito nas rúas do casco vello e xa postos en determinadas zonas habilitadas polo concello, está claro que as normativas non van coa xente e saltaríanse tódalas limitacións, pero alomenos, o concello deberia pór uns limites ao tema das peñas porque senón como ben dicides a xente non poderá pasear tranquila polas rúas, eu o sábado tiven unha voda e ao baixar a Pontevedra non se me pasou pola cabeza entrar ao centro a dar unha volta, sabedor de que se o facia automaticamente seria “regado” con viño e non era plan. O sábado non desfrutei nada das festas porque estiven todo o dia fóra, onte si que me acheguei á alameda e ao Paseo de Monteros Rios e puiden comprobar que hai máis animación que outros anos, máis postos no mercadillo inda que non sei se máis barracas, din unhas voltas e pouco máis porque é domingo e hoxe hai que traballar, pero xa haberá tempo de pasear e de acudir a algún concerto.

    Saúdos e desfrutade a semana !! :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.