Axenda 17 agosto 2007
17 de agosto, actos en Pontevedra có gallo do dia da Galiza Mártir.
A Fundación Alexandre Bóveda organiza para o vindeiro 17 de agosto diversos actos con motivo da celebración do Día da Galiza Mártir.
Ás 13.00 horas terá lugar na Caeira, en Poio, a homenaxe institucional a Alexandre Bóveda, diante do monumento erixido na memoria deste intelectual galeguista asasinado polos sublevados franquistas. Intervirán neste acto o vicepresidente do Governo, Anxo Quintana; o alcalde de Poio, Luciano Sobral, e o presidente da Fundación Alexandre Bóveda, Fernando Quintela.
Ás 14.00 horas comezará o xantar de entrega do II Premio 'Día da Galiza Mártir á recuperación da memoria histórica ao historiador Dionisio Pereira, no Pazo da Cultura de Pontevedra. Participarán neste encontro a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo e Xoán Carlos Garrido, da Fundación Alexandre Bóveda, ademais do propio investigador galardoado.
Ás 18.30 desenvolverase unha cerimonia de aniversario na capela de San Mauro, Pontevedra. E ás 19.00 horas un acto cívico diante do sartego de Bóveda, no cemiterio de San Mauro. Asistirán o vicepresidente da Fundación organizadora e fillo de Alexandre Bóveda Xosé Luís Bóveda e a escritora Fina Casalderrey.
Ás 20.30 horas chegará a homenaxe política, diante do monumento a Alexandre Bóveda situado na praza de Curros Enríquez de Pontevedra, co senador do BNG Francisco Jorquera.
chuzame -







o 2007-08-18 ás 2.48 pm 1.Luis dixo …
É bo non esquecer aos que loitaron tanto pola cultura e o pobo galego, e que ao fin caeron víctimas do máis duro do fascismos. Esperemos que momentos tan dramáticos coma o da guerra civil española non volva acontecer xamáis.
o 2007-08-18 ás 3.33 pm 2.breogain dixo …
algúns din que non é cousa boa lembra-lo pasado e máis cando foron capítulos nefastos da nosa história, pero outro pensamos que debemos de dar a coñecer todo isto para non comete-los mesmos erros outra vez, Alexandre Bóveda foi asasinado polas tropas franquistas polo mero feito de amar á súa terra por enriba de tódalas cousas, de traballar por Galiza e por defendela sempre e en todo momento, hoxendia hainos que falan de que España se rompe e de que os nacionalismos son o cancro do Estado, falan do fin da democrácia e dan discursos apocalípticos, outros tamén pensamos que os nacionalismos dentro do Estado Español son enriquecedores e non son nada diferente do que eran hai 30 ou 40 anos o que pasa é que daquela estaban perseguidos e agora son parte do estado de dereito e entraron no xogo democrático de igual a igual.
Por certo, feitos como o ataque ao Revira a semana pasada fan que me reafirme máis nos meus principios e conviccións, é case seguro que non atoparán ao culpable/culpables dos feitos pero ogallá me trabuque.