Actualidade 21 agosto 2009
As novas escolas infantís da Xunta

¿tanto barullo para isto?
Despois de poñer en danza a toda a povoación galega con fillos en idade escolar, isto é todo o que fixeron, desmontar o antes feito polo bipartito, nunca na vida se fixeran tantas escolas/garderias infantís coma nestes catro anos, nin tan sequera nos dezaseis anos do governo Fraga, que deron para moito. Ao final a enquisa revelou o que todos e todas sabiamos, que a povoación galega non ten problema ningún có idioma e é bilingüe, que aqui non hai o conflicto de línguas que algúns semellan albiscar, o galego e o castelán viven en harmonia perfecta, que máis terá que nas garderias lles ensinen o idioma propio dos galegos, cando medren o seu propio entorno faralles decidir o idioma no que han vivir toda a súa vida, aqui non habia ikastolas, habia garderias galegas e en galego, e iso non era delicto ningún.
Pero vamos, que ao novo governo faltoulle tempo para desmontalo todo, incluso o logotivo que polo que semella estaba moi politizado, en fin, unha casiña cunha bandeiriña galega, menudo atrevemento o do biparito.







o 2009-08-21 ás 10.55 pm 1.Sísar dixo …
Só un apunte sen entrar na idoneidade de cambia-lo logo. As galescolas eran garderías que se deixaron adxudicadas polo anterior governo e que se lle cambiaron ó nome, aproveitando intelixentemente o que se fixera.
Eu, coma cidadán, non entendo tanto lío que están a facer. Pra min a solución é moi sinxela. Aproveitar as subvencións pra libros que había e reorganizala de modo que convivan os libros de texto en castelán e en galego, pero estes últimos fortemente subvecionados, de manera que as familias lles compense adquirir o libro en galego. E en clase que cada un fale o que queira, se imposicións, como foi toda a vida. Se dan o paso da segregación eu non a apollarei xamás. Un sáudo.
o 2009-08-22 ás 8.35 am 2.breogain dixo …
Sisar
habia garderias que logo foron chamadas galescolas feitas polo anterior governo ao bipartito, concordo contigo, pero non me negarás que se fixeron unha chea delas ao longo destes catro últimos anos, máis e en menos tempos do que se fixera no anterior governo, o que se quixo facer foi darlle un toque de particulariedade e facelas se cadra “máis galegas”, eu repito, son bilingüe, pero estou totalmente dacordo en que a miña nena cando vaia á galescola aprenda o galego dentro dela, fóra xa estará inmersa nun mundo en castelán, non se que medo hai. Outra cousa vergoñenta e que a quince dias do comezo do curso escolar inda o propio conselleiro non saiba que se vai facer có tema dos libros, cómpranse, non se compran, que se fai cós dos anos anteriores…lamentable.
E do tema do apoio económico a colexios privados e do OPUS como teño escoitado, pagándolles os gastos e tal xa non falo nada, o mesmo que a segregación nas aulas por sexos, ¿retroceder cincuenta anos, iso é o que queremos?
Un saúdo Sísar
e por certo, http://agalinaazul.blogspot.com/
o 2009-08-22 ás 9.22 am 3.coidoque dixo …
Olá:
A galiña azul do conto de Casares tiña cinco plumas vermellas, creo lembrar que nunha á: por que non están no logo da rede de escolas infantís?
E por certo, a respecto das críticas do PP ao logo das galescolas, pode alguén explicarme por que motivo a palabra “escola” e a bandeira de Galiza supoñen politizar o ensino? Eses dous símbolos só poden ser agresivos para quen os despreza e quere suprimilos.
o 2009-08-23 ás 10.56 am 4.breogain dixo …
Totalmente dacordo có teu comentario coidoque, non entendo o porqué da supresión do nome de Galescola, que mal tiña, pois coido que o mero feito de que para o Partido Popular (en Galicia) soáballe a ikastola, nin máis nin menos, e iso prodúcelles algún tipo de urticaria, unha vergoña, un auto-odio e unha xenreira cara ao noso idioma dunha magnitude tal que produce lástima, lástima de ter uns políticos tan pouco comprometidos coa defensa da nosa cultura e do noso patrimonio, se matámolo galego perderemos o cerne da nosa cultura, nin máis nin menos.
Un saúdo
o 2009-08-24 ás 11.10 pm 5.Zeltia dixo …
Ola! A galiña azul cada vez lémbrame máis a gaivota do PP… en fin, nunca entenderei tanto odio a Galiza e todo o que iso implica.Detrás desta estratexia si que hai un obxetivo claro e ideoloxizador….Que gasto inútil de cartos e máis nos tempos que corren…Sr.Feijoó e compañía,adíquense a mellorar o sistema educativo galego e déixense de perder o tempo con problemas que non existen.
sdos