Música 13 agosto 2007
Intercéltico de Lorient 09, Galiza convidada de honra.
Breizh, festival intercéltico 2009.
Acabome de enterar que Galiza será o convidado de honra do Festival Intercéltico de Lorient (Bretaña/Breizh) do 2009. Así o anunciou a organización do certame cando a edición deste ano toca ao seu fin.
Na edición do 2008 tocaralle a quenda a Gales/Cymru. Uns 4.500 artistas dunha ducia de lugares da xeografía celta participaron nuns 300 espectáculos na edición deste ano, da que Escocia/Alba era a convidada de honra.Unhas 650.000 persoas acudiron ao festival de Lorient, cecais o máis importante do mundo celta xunto coas Celtic's Connections e mailo Mundo Celta de Ortigueira e que se abriu o pasado día 3 baixo a dirección do produtor musical asturiano Lisardo Lombardía, polo que contan o deste ano foi un dos mellores da década. Un concerto do grupo bretón Dan Ar Braz pon fin esta noite á 37 edición do festival, na que, como noutros anos, actuaron grupos de Asturies e Galiza, entre outras "rexións" nacións do mundo celta, poderei por fin face-la miña visita e estar presente no 2009?, nós teremos os dias 17 a Pepe Vaamonde Grupo e John McSehrry at First light e o 18 a Kepa Junkera con Faltriqueira en Pontevedra.
chúzame -






