Cargando...

Deportes 3 setembro 2009

O xiro galeguista do Pontevedra C.F. 2009-2010

Andan os foros granates un pouco alterados estes dias, o Pontevedra C.F. este ano fixo un equipo xeitoso e coido que imos estar na pomada para cando chegue a primaveira, esta ano fichouse con cabeza e con corazón, collendo xente experimentada na defensa, na media e na dianteira, xente da segunda e que incluso debutaron en primeira división, vamos, que un servidor pensa que esta ano non se nos escapa o arelado ascenso de categoria nin de puta coña, ou alomenos teño esa ilusión unha vez máis, que para iso a semana pasada fun a renova-lo meu abono de socio de fondo norte. Pero nunha das tantas discusións que hai no principal foro dos siareiros granates, un tema está a sobresair por riba dos demais, para mostra esta foto, inda que non o poderedes apreciar demasiado ben, explícovos polo miúdo o tema en cuestión:

Foto extraida de A Nosa Terra dixital

Como apuntaba, supoño que non o poderedes apreciar con demasiada nitidez, pero neste novo escudo, que segundo entendo será somentes para membretes de cartas e demais papeleo do clube, a directiva tivo a ben incluir unha pequena franxa azul de esquerda a dereita por riba da cruz e da ponte, ¿significado?, pois nin máis nin menos cunha bandeira galega, si, o Pontevedra C.F. actualizouse e incluiu este xiro galeguista no seu emblema, asi como a bandeira que tamén lucirán os xogadores no pescozo das camisolas e o brazalete de capitán. Hai certa polémica en todo isto, algúns din que é política, outros que seguidismo doutros clubes ou de políticos que nos governan e supoño que das súas subvencións, eu particularmente coido que era algo que moitos agardábamos dende hai tempo, dende os tempos nos que o meu avó viña moitos domingos dende Sobradelo (Vilagarcía de Arousa) a animar ao clube granate, dende os tempos do Hai que roelo e da súa afección, que se achegaba dende calqueira punto da xeografia galega, xente ésta galegofalante e orgullosa de pertencer á afección dun dos clubes máis importantes de Galiza naqueles tempos e por suposto que tamén agora.

dsc05762

Vós sacade-las vosas conclusións, eu quero pensar que vai por todos aqueles homes e mulleres, polo meu avó que en paz descanse e por moitos coma el que paseaban con orgullo a súa condición de granates e de galegos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

15 comentarios a “O xiro galeguista do Pontevedra C.F. 2009-2010”

  1. o 2009-09-03 ás 8.52 pm 1.J.Andrés Milleiro dixo …

    Eu penso que en fin, esté ben posto ou mal a cousa é que está posto e que están virando as políticas no clube.

    O de sempre, “non lle poñamos chatas á obra namentras esté rematada”, eu xa puiden ler críticas ao novo escudo dalgún chamado galeguista que non sei moi ben que é o que agarda da noite á mañá…

    Apertas Breo

  2. o 2009-09-03 ás 9.05 pm 2.Luis dixo …

    Breogain, qué tal todo? Hai séculos, milenios que non deixo un comentario no teu blog, síntoo moito, a verdade é que no verán estiven un pouco desconectado do tema internet, co bo tempo preferín ir coa bici polo monte, que pecharme na casa!
    Home, en principio o tema non tería por que ser polémico se todos os equipos levasen a bandeirola da súa comunidade… se os demáis equipos non queren levala, é cousa deles… Non me parece a polémica pra tanto. Home, se fose a bandeirola coa estrela vermella no medio… xa non me parece correto, porque non todos concordan con esa tendencia.
    Pois nada, perdoa por non comentar máis a miúdo, ándoche noutras lerias… Veña, unha aperta, espero que a túa familia estea toda ben! Ciao!

  3. o 2009-09-04 ás 12.56 am 3.Coidoqué dixo …

    Olá:
    Eu non entendo moi ben que se monten debates con este asunto porque a bandeira de Galiza non é unha cuestión de política partidaria, senon que é a bandeira que nos representa a todas e todos os galegos.
    En calquera caso, eu non coñezo a ninguén que pretenda apropiarse da bandeira de Galiza dende opción política concreta nengunha, mais si sei de quen non a acepta desde a defensa dunha opción política moi determinada.
    É lóxico que o Pontevedra (e os demais clubes do país) leven o noso símbolo na camisola, no escudo e no brazo do capitán como fan todos os clubes do mundo cos seus emblemas.
    Outra cousa é se alguén quere que se debata sobor da convenencia ou non de que aceptemos que os clubes representan a comunidades maiores que a dos seus socios ou abonados ou seareiros ou o que sexa . . . ese si que me parece un debate serio e interesante.
    Lamento que me saise un comentario tan longo.

  4. o 2009-09-04 ás 1.18 am 4.Sísar dixo …

    Pois que polo teu avó e todas esas xentes vaia dedicado este novo escudo que, por certo, vas ter que cambiar no lateral do blogue. O único que voto de menos e que non se consultara aos socios sobre o novo escudo. Algo así fixera Florentino no 2002 cando cambiou a emblemática franxa morada do escudo por unha azul. O morado que represenataba a Castilla e de seguro que entedeu que ese morado era por outra cousa. Política por un lado e fútbol por outro. Unha aperta

  5. o 2009-09-04 ás 7.10 am 5.lerezano dixo …

    Sísar

    Eu tamén son socio do pontevedra e coido que tampouco hai que facer un referendum para todo, o escudo seguirá sendo o mesmo na camisola, o único que fixeron foi un mod do escudo para fins administrativos e tal, fixeron unha ampla reportaxe no parte de Localia onte pola noite.

    Paréceme fantástico que dunha puñeteira vez este clube pontevedrés e sobre todo galego teña orgullo da súa procedencia e dos símbolos, emblemas e cores do País ao que pertence, a ninguén lle debe parecer mal que leve a nosa bandeira, tampouco a ti, outra cousa é que levara a serea de Castelao ou a estrela vermella, iso si seria se cadra partidista, pero a bandeira civil galega non debe de sementar incertidume nin dividir aos socios e simpatizantes.

    Adiante Pontevedra, a polo ascenso este ano !!!

  6. o 2009-09-04 ás 2.23 pm 6.Sísar dixo …

    Non me entendas mal Lerezano, a min páreceme moi ben a da bandeira galega e queda moi bonito. Eu o mellor faría un semellanza có Lérez o estar xa a Ponte do Burgo no escudo. Vai por ahí a miña inquedanza. Hoxe Manuel Jabois ten un artigo sobre o escudo no Diario no que se queixa do círculo vermello e dí que lle parece unha sinal de prohibido circular. Có xiro galeguista estou plenamente dacordo.

  7. o 2009-09-04 ás 3.06 pm 7.breogain dixo …

    Unha máis das novidades do Pontevedra C.F. este ano, a ver quén di que non nos estamos modernizando e o clube está tentando de chegar cada dia máis á sociedade pontevedresa.

    http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2009/09/04/0003_7947747.htm

    un saúdo e graciñas polos vosos comentarios, inda que agora postee algo de “pascuas en viernes”, o tempo, que é algo do que agora non vou demasiado sobrado.

    saúdos :)

  8. o 2009-09-04 ás 3.41 pm 8.O Traveseiro dixo …

    Esta mañá lin a nova na edición impresa de La Voz, e, a diferenza da dixital, ven un gráfico con tódolos escudos do clube na súa historia, aínda que en branco e negro. A min, e non é por pelotear, sempre moloume o emblema do Pontevedra, e sintoo moito pero este non tanto. O da bandeira galega caralludo, pero o resto… como que non.

    Sobretodo polo balón. Din que poñen un máis “moderno” (?). De entrada ese novo balón non é tan moderno, pois usábase nos anos sesenta e setenta. Se o queren modernizar que poñan un actual, ou senón que fiquen co que estaba, que lle daba un toque retro.

    Concordo co da consulta á masa social. O fútbol moderno dá noxo. Os dirixentes crense que só eles e os accionistas maioritarios teñen voz e voto (na prática si), máis este tipo de cousas é un tema que atinxe a todo afeccionado granate, e hai que contar coa súa opinión, aínda que logo fagan o que lles saia do carallo. Hai dous anos, por exemplo, liouse parda en Zaragoza, que tamén mudou de escudo contra a opinión da meirande parte dos afeccionados, para os que semella máis o emblema de Ferrari que o do Real Zaragoza.

    Saúdos, e encantado de lerte de novo.

  9. o 2009-09-04 ás 4.00 pm 9.breogain dixo …

    Ola traveseiro….

    Eu tampouco estou totalmente dacordo có novo escudo, inda que falan de que será para temas administrativos e non mudará na práctica na camisola e na roupa deportiva, o dito, o circulo ao redor do escudo non me mola, tampouco o balón, dicia o director de marqueting que o tipo adidas dáballe un toque moderno, en fin, prefiro mil veces o que podes ollar no lateral dereito deste blogue, é un escudo precioso e como afeccionado e socio prefiro ese tal coma está, no que si estou dacordo ao cen por cen e discrepo dalgúns socios aos que non lle gusta, é no de mete-la bandeira galega no escudo dunha maneira máis ou menos discreta inda que non acertada de todo e por suposto de poñela na camisola, seica será no pescozo coma a senyera do barcelona, eu non quero que o equipo dos meus amores se asemelle a barcelona ou madrid con isto, é o Pontevedra C.F. nin máis nin menos, pero si gústame que pasee por todo o Estado Español e con orgullo a súa condición de equipo galego, e agora máis que nunca con xogadores galegos nas súas ringleiras.

    Unha aperta a todos e en especial a traveseiro, un amigo deportivista, por certo ¿o sábado hai partido en Riazor non…? jajaja.

    o dito, un saúdo

  10. o 2009-09-07 ás 12.50 pm 10.Luis dixo …

    Ola!

    Xa facía tamén tempo que non escribía no blog, unicamente mostrar a miña concordancia con moitas opinións, cal é o problema da bandeira? o mesmo que cás galescolas? como ben apuntan x aquí, si estivera a estrela vermella outra cousa sería! xq non todos teñen xq estar dacordo con ela…

    Agora ben, dende a miña opinión o escudo non me gusta esteticamente; o único bó precisamente a bandeira, ou acaso preferidos o vermello e amarelo:))))

    Breogán, onte vinte por Pasarón e a piques estiven de invitarche a unha garimba polas túas boas reflexións!:)))

  11. o 2009-09-08 ás 3.25 pm 11.breogain dixo …

    Pois home, para a vindeira ocasión que andes polo fondo norte saúda e identifícate, eu estou normalmente cós colegas, pero vamos, que podemos tomar unha cervexa no descanso e intercambiar impresións do partido

    un sáudo :)

    P.D. por certo, ¿non serias ti o que veu ao meu carón a sacar fotos da nova bancada de preferencia en varias ocasións? ia e viña, ia e viña, todo o rato.

  12. o 2009-09-08 ás 6.06 pm 12.Brugal con Cola dixo …

    Los experimentos en casa y con gaseosa.
    Ni para cartas ni nada de nada, el escudo tiene más de medio siglo de antigüedad y porque al señor de turno en el poder le salga de las pelotas cambiar el escudo no tenemos que aceptarlo, me parece cojonudo poner banderitas donde sea, durante muchos años ondearon en fondo norte las banderas de la ciudad, de la comunidad y del país, pero no inventarse caralladas de estas.

    Si se dedicaran a gestionar y no ha gastar el dinero en chorradas nos iría mejor y no tendríamos que estar hablando de rebajas en el presupuesto ni demás fallos de gestión por parte del jefe.

    A no, que los fallos nunca son de él, siempre de los que tiene al lado… pues buscate mejores acompañantes coño!!

    Saludos a todos que llevo todo el verano desaparecido en combate!!

    PD: Si juegan todo el año como los primeros 25 minutos del pasado domingo somos equipo de segunda A fijo. Y lo digo a 8 de setiembre.

  13. o 2009-09-08 ás 8.12 pm 13.breogain dixo …

    Ola Brugal

    O que máis nos jode aos granates é que fixeron isto sen consultar con ninguén, e máis vindo dun rapaz que acaba de chegar ao clube e xa comeza a manexar todo ao seu antollo, a campaña de optimismo crónico está ben, o de emprega-lo galego no clube e nas campañas paréceme cojonudo, pero o de modifica-lo escudo poñendo unha pelota de fútbol fea e sacando a ponte de pedra tan fermosa que tiñamos, pois por ahí xa non paso, o meu escudo é o que teño no lateral do blogue, precioso, se que queren poñer a bandeira galega vale, que lle busquen sitio, pero o resto do escudo tal cual.

    Unha aperta Brugal, e estou contigo, se xogamos asi con Adrián Cruz, con Nevado, con Santi Amaro, Charles e se Iban Espadas mellora a punteira, non nos para ninguén.

    saúdos granates :)

  14. o 2009-09-09 ás 12.53 pm 14.F. Míguez dixo …

    Está claro que estas iniciativas son os mellores pasos para manter viva a nosa lingua. Sobre todo, gústame a reflexión sobre o teu avó e as xeracións de persoas que fixeron toda a súa vida en galego.

  15. o 2009-09-15 ás 6.06 pm 15.breogain dixo …

    Outra opinión máis, esta vez no Xornal.com

    http://www.xornal.com/opinions/2009/09/05/Opinion/futbol-politica/2009090521535759449.html

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.