Actualidade 14 agosto 2007
Carballeira de Fondós (Quireza), unha voda diferente.
Este pasado fin de semana tiven outra voda máis, a derradeira por este verán, casábanse dous amigos e todos os da pandilla poidemos desfrutar dunha voda especial, e digo especial polo feito de non ser unha voda (al uso), os noivos organizaron a mesma saíndose dos patróns establecidos, o acontecemento tivo lugar no povo de Quireza, parroquia de Cerdedo (Pontevedra), o banquete do que desfrutamos foi na carballeira de Fondós, ali xuntámonos todos e dimos boa conta do polbo á feira, do xamón e do albariño ao son das gaitas de "Vides Novas", o dia acompañou e todos desfrutamos dun dia divertido e fóra do corrente, agora os noivos estarán de viaxe pola illa de Xamaica, aqui déixovos unhas fotos do evento.
Parabéns a Johan e Arantza !!
chúzame -







o 2007-08-17 ás 12.37 pm 1.Anxélica dixo …
Non, se ao final este tipo de vodas son as mellores. Eu tiven a desgraza de ir o pasado sábado a unha destas aburridas, nas que estás desexando que acaben dunha vez para poder irte a casiña…
o 2007-08-17 ás 4.34 pm 2.breogain dixo …
non estivo mal, gaiteiros, empanada, polbo á feira (boísimo), xamón, navallas…pasámolo ben, desfrutamos dunha voda diferente nun sitio fóra do habitual, dos típicos salóns con todo o mundo de traxe e gardando as composturas…foi desenfadada e divertida
un saúdo
o 2007-08-17 ás 4.36 pm 3.breogain dixo …
por certo Anxélica, viches o martes Jerichó ? fixeron un flash-back da vida dos protagonistas antes da explosión e volveuse máis interesante se cadra, ao final sigo mirandoa e non pasei á de “Cuatro hermanos”