Cargando...

Actualidade 9 setembro 2009

“I jornadas sobre el bilingüismo” (sic) en Pontevedra

Desta forma tan suxerente, a xente de Galicia Bilingüe organizará na nosa cidade o vindeiro fin de semana, en concreto o venres e o sábado, unhas xornadas sobre o idioma que din serán abertas a todo o mundo, pero que segundo informan tanto no Diario de Pontevedra coma no outro gran diario galego, serán previa inscripción dos interesados en asistir na sede do Museo de Pontevedra, ou sexa, que de libre nada, haberá que pasar un filtro previo, non vaia ser que ali se poidan colar indesexables ou radicais que poidan rebenta-lo acto, poidera pensar algún.

Gloria Lago, caudillo que ha reconquistar Galicia aos galegofalantes... (foto Voz de Galicia)

Haberá ponentes de todo tipo, que versarán sobre o bilingüismo e abordarán, é de supor, o recente conflicto lingüistico galego, e digo recente, porque antes do troco de governo e de que esta organización sectaria e casposa de Galicia Bilingüe saltara á palestra, o galego e mailo castelán convivian nunha máis que respectable harmonia, pero vamos, o galego sempre por detrás, e a remolque do castelán, por moito que dixeran que aqui perseguimos e pasamos a cuchillo aos que falan castelán, inda que sexa na intimidade, que todos sabemos que o anterior bi-partito tiña micros agochados nas casas. Pero a cuestión e o que a un servidor máis lle repatea, por non dicir que é o que máis lle jode, é que detrás de todo isto estexa a Deputación de Pontevedra posicionándose claramente de parte desta xente, non vexo entre os ponentes destas Jornadas a ninguén da Real Academia da Língua Galega (si, os que lle meteron un bo rapapolvo a Feijoo o outro dia) ou a ninguén da MESA, que inda que non o queran ver, é a asociación de caracter cultural e a prol do galego que máis asociados ten no noso País, vamos, unhas Jornadas como digo para nada plurais e abertas ao san debate, que para máis inri organizan na nosa cidade, que como todos ben sabemos, é o bastión do nacionalismo galego máis radical, total, que traerán xente de toda Galicia para enche-lo Museo.

Non agardaba isto da Deputación de Pontevedra, o paso seguinte será subvencionalos como é de supor fixo o Partido Popular do sr. Feijoo na campaña, e tan ben lle foi que agora está a devolverlle-lo favor, arramblando coas galescolas, có decreto do galego, coa normalización da língua no comercio e con tantas medidas que se tomaron estes anos para impedir que morra o noso idioma, pero total, iso a quén lle importa.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

7 comentarios a ““I jornadas sobre el bilingüismo” (sic) en Pontevedra”

  1. o 2009-09-09 ás 8.23 pm 1.paidovento dixo …

    Manda carallo! “Jornadas bilingües”. Están tan cheos que ata organizan xornadas. Pois ogallá llelas boicoteen, ou polo menos que haxa mobilizacións na rúa, para que se vexa a moita afección que teñen.

  2. o 2009-09-10 ás 11.07 am 2.RamiroPereira dixo …

    este sábado haberá unha concentración diante da estatua de castelao ( o carón do museo de Pontevedra) en homenaxe a este e contra os enterradores da lingua galega. Será as 12:30 . Saude!

  3. o 2009-09-11 ás 6.33 pm 3.Rafa dixo …

    De verdad que no sé a quién representan esta gente, por lo menos a mi y a toda mi familia ni de coña, en mi familia hablamos castellano y gallego casi a partes iguales y nunca en la vida hubo problema ninguno, ni entre nosotros (y resto de la familia) como en la escuela o en el instituto, me refiero a que no hubo persecución por hablar en castellano, cosa que si dicen sufrir estos de G.B., en cambio algún miembro de mi familia si tuvo problemas en en trabajo, tanto de oficina como de atención al público por emplear el idioma gallego, que siendo co-oficial en Galicia, en la práctica tiene un rango inferior claramente.

    Lo dicho, esta gente no tiene más respaldo que las mil personas (tirando por lo alto) que acudieron a Compostela en esa manifestación y eso si, la del actual gobierno de la Xunta de Galicia, que en la persona de su conselleiro Vázquez están arrasando con cualquier rastro de identidad gallega que nos pueda quedar, tanto en la educación como en el resto del dia a dia.

    Por último destacar que hoy pasé por el casco histórico de nuestra ciudad el cual estaba “tomado” por la U.I.P. a saber, los gigantones de azul con gorra que dan palos a diestro y siniestro, una auténtica vergüenza, miedo pasé al ver a estos individuos amedrentando a cualquiera que pasara por delante del museo, menudo estado policial.

  4. o 2009-09-11 ás 7.58 pm 4.breogain dixo …

    Por desgraza non poderei estar presente mañá sábado por ter unha voda, pero gustaríame estar presente nesa concentración diante do busto de Castelao, apoiando asi este acto en defensa do GALEGO.

    Estou totalmente abraiado có posicionamento tan descarado da Deputación de Pontevedra, que di, quere fomentar con isto o debate, pero que non convida á outra parte interesada no tema, porque hoxe e mañá, a xente que estará presente (baixo reserva, nada de entrada libre) serán os defensores do castelán unicamente, falarán de problemas en Finlandia, Euskadi ou Catalunya, e do problema galego ¿quén falará? vaia, Gloria Lago, que é parte interesada neste tema, ¿onde estará Callón o da MESA, ou Barreiro da Real Academia Galega da Língua?, por ningures.

    Unha vergoña vamos, sectarismo puro e duro, non haberá debate, crítica nin discrepancia cando todo iso vai ser un monólogo a prol do castelán.

    E seguirán dicindo que os perseguimos con pistolas pola rúa por falar en castellano, vergoña vos tiña que dar, eu son bilingüe e nunca fun perseguido por falar en castelán, veña home, ¡¡ non me toquedes as pelotas !! pandilla de mentirosos.

  5. o 2009-09-13 ás 10.19 am 5.breogain dixo …

    Batacazo de Galicia Bilingüe en Pontevedra, iso si, protexidos por unha chea de antidisturbios e efectivos policiais, que unido aos cartos que deberon costa-las xornadas, deixarian tremendo ás arcas da deputación de Pontevedra.

    Pois aqui tedes o escaso apoio de público que tiveron estes enterradores do galego, para mostra un botón:

    http://www.xornal.com/artigo/2009/09/13/politica/asistencia-moi-escasa-xornadas-bilingues/2009091223573427833.html
    (A foto demostra o altísimo índice de asistencia)

    http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/38814.html
    (fixádevos na chea de comentarios sobre esta xente de G.B)

    http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2009/09/13/0003_7967400.htm
    (como sempre a Voz de Galicia….nacionalistas abanderados con banderas, jajaja, menudo articulista, que fenómeno)

    O dito, os galegos e galegas non temos problemass de convivencia có idioma, o que si precisamos é que sobre todo o galego, en franco retroceso polo escaso apoio institucional sexa defendido, e que as nosas autoridades non apoien a esta xente (falo de Feijoo e agora tamén de Louzán) que nos quere enfrontar e vai berrando aos catro ventos que en Galiza se persigue a que fala en castelán, absurdo.

    Un sáudo

  6. o 2009-09-13 ás 11.52 pm 6.Julio Torres dixo …

    Breo, deixeiche algo para ti en A Lareira Máxica.

  7. o 2009-09-14 ás 9.37 pm 7.caralladas76 dixo …

    Afortunadamente, así como hai algúns poucos malnacidos, tamén hai moitos en España que nos empezan a entender, e aceptar outra historia e outra realidade do Estado. Como mostra un botón:

    http://nosquedaportugal.blogspot.com/2009/09/dous-artigos-en-el-pais.html

    Saúdos e parabéns polo blog

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.