Cargando...

Deportes 18 outubro 2009

68 anos de historia do Pontevedra C.F.

Foi un 16 de outubro de 1941, despois da fusión do Eiriña e mailo Alfonso, dous clubes da nosa cidade, cando naceu o Pontevedra Clube de Fútbol, o equipo da nosa cidade, o equipo que moitos e moitas granates levamos no corazón.  O seu partido de presentación foi cós nosos veciños de Vigo, despois veu a gloria da primeira división, alá pola década dos sesenta Pontevedra era un punto de atención importante en todo o Estado, xogábamos contra os mellores, recibíamos aos mellores e máis laureados clubes da liga española en Pasarón, o tempo do hai que roelo, o tempo no que o meu avó materno viña dende a pequena aldea de Sobradelo, en Vilagarcía de Arousa, a desfrutar con Cholo, Cerezuela, Martin Esperanza... aquel fantástico equipo.

Extraido de www.pontevedracf.net

Xamais esquecerei aquel ascenso contra o Lorca Deportiva na tempada 2003-2004, aquela vella bancada de norte ateigada de siareiros granates, aquel once de Javi Rodriguez, Padin, Tonino, Fede Bahón, Váquez, Capdevila ou Casablanca, aquel equipo comandado por Jose Luis Gay, lémbrome abrazado aos meus colegas e logo correndo pola herba ao remata-lo partido, aquel foi un dos dias máis marabillosos da miña vida, e como rematamos cantando no final da pasada tempada en Norte...

¡¡ Voltaremos a ser grandes, voltaremos outra vez !!!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.