Cargando...

Actualidade 19 outubro 2009

¡¡ Asi se defende o galego señor Feijoo !!

E despois de todo isto, a Feijoo o único que lle preocupa é que Francisco Caamaño, ministro galego do governo central, estivera na manifestación dando o seu apoio ao movemento en defensa do idioma galego, que mágoa de governantes temos, unha vez máis o bipartito estivo presente na defensa do idioma, pero tamén acudiu xente do Partido Popular, un deles, o fillo do popular e galeguista Xosé Cuiña.

Namentres, a Televisión de Galicia recibia os apupos da xente pola súa manipulación á  hora de dar a nova, La Voz de Galicia presentaba en portada a moción de censura de Silleda e varias novas máis, pero nada da manifestación máis concorrida dende o prestige, e outros medios coma a COPE ían ao seu, a intoxicar e manipular burdamente.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Un comentario a “¡¡ Asi se defende o galego señor Feijoo !!”

  1. o 2009-10-22 ás 9.40 am 1.aliciamaravilla dixo …

    ¡Claro que si! ¡Así o defendemos aquelas persoas que non queremos que se perda! Así, e falándoo, e cantando as nosas músicas, e tocando os nosos instrumentos… todo iso que se puido ver o domingo en Santiago.

    Agora só queda que os políticos escoiten o que di a xente na rúa. Só confío en que nos entendan, porque claro, a petición era en galego… non en inglés ou castelán que son os idiomas oficiais, non? :P

    Noraboa polo blog. A partir de agora seguireino sempre que poida.

    Un saúdo.

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.