Actualidade 25 outubro 2009
A vontade do povo hai que respectala
Mocións de censura en Silleda, Láncara, e onte mesmo no Folgoso do Courel, unha vergoña para a nosa democracia, a figura do tránsfuga salta outra vez á palestra, a dos veciños enganados e aldraxados tamén, ¿para isto serve o noso voto? ¿é isto respectar á vontade popular?.

Paréceme un cachondeo que esta xente se de de baixa do seu partido para pasar a outro, ou para fundar un novo partido como fixeron neste caso, Alianza polo Courel, un engano burdo e malintencionado que conta coa oposición dos veciños. Tanto ten un concello de pouco máis de 1.300 habitantes coma unha vila coma Pontevedra, ¿ou Telmo Martín non faria algo semellante se se lle brindara a oportunidade?, a cuestión é que a lei anti-transfuguismo todos a pasan por aquel sitio, actos coma os destes dias fanlle subir ás cores a calqueira e pensar se de verdade o noso voto vale para algo.
¿E Feijoo que ten que dicir de todo isto?







o 2009-10-26 ás 8.14 pm 1.Ulmo de Arxila dixo …
E a quen veñen beneficiando as mocións? Pois aos de sempre, claro, aos de sempre.
o 2009-10-26 ás 10.05 pm 2.breogain dixo …
As mocións de censura son un insulto á intelixencia humana e á democracia, unha burda patraña, sen máis, pero como ti dis, sempre benefician aos de sempre, e Feijoo segue caladiño coma un peto, vergoña tiña que darlle ter xente coma esa no seu partido, que se aveñen a estas xogadas.
Un saúdo Ulmo