Axenda 29 outubro 2009
¿Halloween?, non carallo non, ¡¡ Samaín !!
Ou se acaso, noite dos calacús.
Nin máis nin menos, deixádevos de asimilar tradicións foráneas que a televisión nos mete polos ollos, Coca-cola, McDonald's e demais empresas norte-americanas nos bombardean dia tras dia, tamén españolas coma Port-Aventura, supoño que ollaríades estes dias o spot televisivo de tengo mieeedo, en fin, sen comentarios.

Algún de vós se preguntará o porqué do festivo do dia 1 de novembro, inda que este ano cadre en domingo, para desgraza dos que traballamos, a explicación é moi sinxela. O 1 de novembro celébrase o dia de tódolos santos, e para os namorados da cultura céltica coma min, o Samain (Samahín en gaélico) , era ésta unha festividade pagana. A noite do 31 de Outubro é o fin de ano para os povos do arco céltico, entre eles Galiza, tamén é a festa en honra dos defuntos, marcando a transición do solsticio de outono ao de inverno. A festa do Samain era a máis importante do periodo pre-cristián, nesta data acendíanse lumes sagrados frotando pónlas de serbal e teixo, con elas quentábanse as lareiras de tódalas casas, tamén era costume a de baleira-las cabazas (antes disto empregáronse nabos) para colocarlles dentro candeas que logo se colocaban nos cruces, nas portas das casas e en infinidade de lugares, esta tradizón inda se mantén viva no noso País na chamada "Noite dos calacús", noite da que teño participado algunha vez e da que vos recomendo tamén desfrutar, concretamente en Vilaboa, perto de Pontevedra, tedes unha festa dos calacús tódolos anos na taberna galega "A casa dos druidas", hai anos, ao que chegara á festa cunha cabaza decorada regalábanlle unha consumición, esa noite xúntase moita xente a celebra-la noite de defuntos, hai música en vivo e queimada. Como vos comentaba antes, convén non trabucar a noite dos calacús ou celebración do Samahin celta, coa máis recente noite de Halloween que tanto se puxo de moda, sobre todo nas cidades, a noite de Halloween probablemente foi exportada aos EE.UU. polos emigrantes irlandeses entre finais do século XIX e principios do século XX, e na miña modesta opinión, é unha celebración máis que nada comercial, non hai máis que olla-lo bombo que lle dan firmas comercias como McDonald's.
O dito, na noite de defuntos non vos esquezades de poñer na fiestra do voso cuarto un calacú acendido e o dia de defuntos darvos un bo atracón de "osos de santo", que tamén hai que darlle unha alegria ao corpo e están boísimos.







o 2009-10-29 ás 9.05 pm 1.Guillerme dixo …
A xente do Local Social Revira parece que tamén celebrará o Samhín o sábado a partir das 22 h.
Saudos e feliz Samahín a todos!
o 2009-10-29 ás 10.50 pm 2.jalogüin dixo …
El día de Difuntos es el 2 de Noviembre. El 1 se celebra Todos los Santos, de ahí que en gallego, Noviembre sea el mes de Santos, también de San Martiño, (día 11) o incluso de las Ánimas.
o 2009-10-29 ás 11.31 pm 3.breogain dixo …
graciñas jalogüin, editado o post
un saúdo
o 2009-10-30 ás 2.10 pm 4.gonzo dixo …
Se o 1 de novembro celébrase Tódolos Santos é debido á imposición da Igrexa no medievo nun intento de rematar cos ritos pagáns da festa do Aninovo Céltico, mais tivo que instaurar o día 2 coma Defuntos no S.XII, ante o nulo caso que o pobo facía a este intento de acabar coas festas de Defuntos. Máis información no post: http://anosahistoria.blogspot.com/2009/10/bran-lug-deuses-celtas-4-defuntos-o.html.
Máis nada, parabéns polo blog e unha forte apreta.
o 2009-11-01 ás 9.55 am 5.breogain dixo …
graciñas polos vosos comentarios, hoxemesmo teño que acudir ao cemiterio a visitar aos meus avós que finaron hai uns anos, non é que sexa demasiado relixioso, nada comparable aos irlandeses por pór un exemplo, pero inda asi gústame respecta-las tradicións e visitar á familia nun dia coma este.
Un saúdo a todos.