Deportes 27 maio 2007
Play-off de ascenso a 2ª División.
Na tarde de hoxe quedou vista para sentencia a clasificación da 2º B nos seus catro grupos, despois de xoga-lo partido aprazado entre o Universidad de las Palmas e mailo San Sebastián de los Reyes, con victória destes últimos, no dia de onte e inda por xogar hoxe o partido do Pontevedra, os números xa están claros, e éstes son os equipos clasificados para xogar o play-off de ascenso á segunda división A, a chamada liga BBVA.
Grupo I
1º Pontevedra
2º Rayo
3º R.Ferrol
4º Universidad
Grupo II
1º Eibar
2º Burgos
3º Palencia
4º Real Union
Grupo III
1º Alicante
2º Huesca
3º Alcoyano
4º Hospitalet
Grupo IV
1º Sevilla Atl
2º Linares
3º Racing Portuense
4º Cordoba
Agora somentes resta agardar polo sorteo do luns, para coñecer cales serán os rivais do Pontevedra C.F. nos partidos a desputar os dias, 3 (fóra), 10 (na casa), 17 (fóra) e 24 (na casa) de Xuño, non esquezamos que non nos poderá tocar un primeiro clasificado doutro grupo nin tampouco ningún do noso grupo e que o sorteo se adiantou ás 16:00 horas do luns, emitido en directo por Rádio Pontevedra (S.E.R) e tamén na web non oficial do Pontevedra C.F. www.pontevedracf.net .
chúzame -







o 2007-05-27 ás 11.32 pm 1.GRANATE_87 dixo …
Imos ascender meu,estou seguro!!FORZA PONTE E FORZA FURYA!!UNHA APERTA