Cargando...

Música 8 novembro 2009

Miranda warning – Si empieza a llover

Semella que xa chegou o inverno a estes lares, levamos uns cantos dias de mal tempo, inda que hoxe domingo aguantou un pouco. Eu debo de ser un romántico, pero encántame o inverno, a choiva nos vidros, o vento zoando por entre as árbores, aqueles temporais de cando era pequeno, lémbrome do famoso Hortensia e dos danos que causara en Pontevedra, de achegarme ao dia seguinte á alameda e comprobar con asombro as árbores tiradas no chan, os colectores de lixo na estrada, vidros rotos, carteis e farolas arrincados polo vento, fora tremendo.

Pois nada, que como reza a canción dos Miranda Warning, a choiva e o mal tempo non nos ten porque mudar o sorriso da cara, achegámonos ao inverno e temos que desfrutar del, para min é unha estación tan fermosa como o verán, totalmente diferente pero que ten o seu atractivo de igual maneira, asi que tomádeo con filosofia e desfrutade del, non nos queda outro remedio.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.