Mercadillo. 12 Agosto 2007
Agrupación folclórica “Vides Novas”.
Gaiteiros en Pontevedra e bisbarra.
"Vides Novas" é unha agrupación folclórica que ten a súa orixe no concello pontevedrés de Poio, leva máis de dez anos actuando en romarias, festas e festivais, tanto no noso País coma no veciño Portugal, é unha agrupación musical ao máis propio estilo galego, con percusión, gaitas e tamén grupo de baile tradicional, se estás interesado en amenizar un acontecemento familiar ou social, ben sexan vodas, bautizos ou celebracións de calqueira índole, podes contactar con nós ao traveso desta web ou tamén no télefono 649 338201 (Mundo) onde poderemos darche cumprida información do que precises.
Desprazámonos normalmente cun grupo de máis ou menos dez integrantes, o cal consta de varias gaitas, bombo, tambor e pandereteiras, tamén se é preciso e che interesa, podemos levar o grupo de baile, inda que iso loxicamente teria un sobrecusto, as actuacións ás que adoitamos acudir son normalmente en Pontevedra e bisbarra, inda que se poderian facer excepcións se é preciso, témonos desprazado a tocar a Marín, Pontecaldelas, Sanxenxo, Cambados...
Non o dubides e contacta con nós.
Fai click nas fotos para podelas ollar máis grandes
chuzame -








o 2007-08-22 ás 11.32 am 1.Nuria dixo …
Estaba interesada en sabe-lo prezo da actuación e se poderíades tocar en Cambados o dia 29 de Setembro, seria unha voda pola tarde, mandeiche un correo electrónico, contéstame cando poidas.
saúdos e gracias.
o 2007-08-23 ás 4.07 pm 2.breogain dixo …
contestado o mail, falamos cando queiras.
un saúdo.
o 2007-10-10 ás 12.44 am 3.Pilar dixo …
Me gustaría que me enviases presupuesto para una boda en baiona en julio 2008 por la tarde. Sería a la salida de la iglesia sobre 15 minutos.
Un saludo
o 2007-10-11 ás 9.00 am 4.breogain dixo …
Hola Pilar, esta fin de semana te envio un mail informándote de todo, tengo que comentarlo con el director del grupo de gaitas este viernes, a ver si se pueden desplazar a tocar hasta Baiona.
Un saludo.
o 2007-12-14 ás 4.27 pm 5.Sebas dixo …
Ante todo felicidades polo teu blog. Sentínme moi identificado cos teus comentarios sobre a xuventude desta terra, eu tamén acabo de regresar de Canarias tras 12 anos.
Ademáis desto quero pedirche un presuposto para unha voda en Agosto do próximo ano o día 14 pola tarde e celebraráse probablemente na Lanzada.
Espero as túas novas, un sudo e ánimo co blog. Felicidades. Sebas
o 2007-12-15 ás 12.25 am 6.breogain dixo …
Ola Sebas
Pois moitas gracias polo comentario, o blog é un proxecto divertido no que plasmo as miñas experiencias e todo o que me interesa do dia a dia no que vivimos, por suposto que me gusta que a xente recoñeza ese esforzo, senón tampouco faria isto, son cousas que fago tamén para compartir cós demais.
No tema do presuposto da voda, pois dame un par de dias para que fale có director da banda de gaitas e comentarlle-lo sitio e a data, é case seguro que non haberia problema, posto que A Lanzada cóllenos moi perto de aqui, para a semana dámoste unha resposta.
un saúdo e graciñas por pasarte.
o 2008-01-26 ás 6.02 pm 7.Isabel dixo …
Hola mira, que me caso el 9 de agosto 2008 y me interesa un grupo de gaitas para la salida de la iglesia y durante el aperitivo, la ceremonia es en Puente Caldelas (Pontevedra) y el banquete en el Mochi que queda en la carretera a Vilaboa (Pontevedra), espero que me puedas enviar un presupuesto a mi mail.
o 2008-01-26 ás 8.09 pm 8.breogain dixo …
Hola Isabel;
En principio pienso que no habria problema puesto que el nueve de Agosto es un sábado y es relativamente cerca de Pontevedra, el Mochi también sabemos donde es asi que en unos dias te daremos el precio de todo, tocar unas piezas (las que tu quieras) a la salida de los novios y también en el aperitivo del restaurante Mochi.
un saludo
David.
o 2008-02-05 ás 11.22 am 9.Miriam dixo …
Ola, gustaríame saber o presuposto para unha voda o 30 de agosto deste ano en Vigo, sería en principio só para a saída da igrexia, pero se podes envíame o presuposto de só para a saída y o de saída e aperitivos (que serían en playamérica), agradézocho. Saúdos.
o 2008-02-05 ás 3.36 pm 10.breogain dixo …
Ola Miriam
Graciñas ante todo por pasarte por aqui, nun principio supoño que non haberá problema polo desprazamento a Vigo, o da data xa non o sei, teño que falar có director do grupo de gaitas para comentarllo e nuns dias darémoste o presuposto da actuación, supoño que antes desta fin de semana.
un saúdo
por certo, confírmame se o teu correo electrónico está ben escrito para contestarche, teño as miñas dúbidas porque mirei unhas letras cambiadas de sitio.