Cargando...

Actualidade 8 novembro 2009

¡¡ Liberdade para os nosos mariñeiros !!

Como moitos blogues, web's, xornais, persoas a título particular ou colectivos de toda índole, quérome unir ás familias dos mariñeiros galegos e bascos do pesqueiro Alakrana que levan máis dun mes secuestrados no Índico, unha zona que polo que contan, e xa verquiron rios de tinta sobre este tema, semella ser unha zona sen lei de ningún tipo, onde todos estes piratas campan ao seu antollo e cun kalashnikov e un lanzagranadas poden ter en xaque a un governo democrático como o español ou a calqueira outra potencia europea ou do resto do mundo.

extraido de xornal.com

Quérome unir á dor destas familias de Boiro, de Ribeira, de Baiona, de Hondarribia, Pasaia ou Lekeitio, xente que foi a traballar e gaña-lo pan nun oficio xa de por si, duro de máis, como para agora ter que pasar máis dun mes nun barco, case que sen comida e auga potable e compartindo lugar con estes fulanos drogados, armados e para os que a vida das persoas non ha valer nada. Agardo unha pronta solución deste conflicto internacional, a mellor para todos, non vou a entrar en polémicas de si a actuación de Garzón foi unha vez máis demasiado mediática e con afán de protagonismo, ao querer xulgar aos dous piratas e territorio español, a cousa puido facerse doutra maneira, tal e como fixeron o resto dos paises, tamén poideron ter enviado axuda militar antes á zona, se hai soldados españois en paises onde non hai intereses económicos, Líbano, Afghanistán e demais, porqué non no Océano Índico, onde faenan pesqueiros que dan traballo a moita xente e traen moita pasta para España, en fin, Carme Chacón ha de sabe-la resposta, eu somentes abogo porque se resolva isto canto antes e teña un final feliz, agardo que asi sexa.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

2 comentarios a “¡¡ Liberdade para os nosos mariñeiros !!”

  1. o 2009-11-09 ás 11.12 am 1.pontevedrés dixo …

    Breoghain, sen andar a meterme no dramática que ten que ser a situación para mariñeiros e familiares, o ben certo é que poría en cuestión quen son os verdadeiros “piratas” nesa zona… Non creo que os que viron colonizados os seus países e expoliadas as súas zonas por Occidente durante séculos, o que inclúe o esgotamento dos seus recursos pesqueiros e mesmo verqueduras de residuos nucleares nas súas costas poidan ser nomeados sen mais como “piratas”. Non se axusta á realidade nen é xusto. Ben poderían telos alcumados de “terroristas”, que é como se adoita coñecer a todo aquel discrepante coa orde capitalista mundial que impera… Son reflexións que fago. Aquí tes un artigo ben interesante sobre o tema:
    http://www.galizacig.com/avantar/opinion/16-10-2009/historias-de-piratas-e-colonialismo

  2. o 2009-11-17 ás 8.54 pm 2.Sei lá dixo …

    Vídeo de 4:14 min. sobre os “piratas” do Corno de África. Olha e espalha.
    http://www.youtube.com/watch?v=PXUBpmgAnjA&feature=player_embedded

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.