Cargando...

Actualidade 8 novembro 2009

Unha caixa galega única, forte e comprometida có País

Pásanos con todo, có grupo lácteo galego, có grupo de distribución galego, cós aeroportos galegos e agora con banca galega. Eu non entendo de macroeconomia, o meu é máis ben a economia doméstica, teño banca electrónica dende hai unha chea de anos coa que me amaño moi ben, teño que dicir que foi un grande acerto, sobre todo para os que non somos funcionarios e non temos tempo pola semana para sair a media mañá a actualiza-la libreta ao banco. Dende sempre tiven predilección polas entidades galegas, e a primeira conta corrente que tiven foi na desaparecida (máis ben absorvida por CaixaVigo) Caja de ahorros provincial de Pontevedra, que anos despois, e para ledicia miña pasou a ter un nome máis galego, Caixapontevedra. Pois ben, dende aquela no territorio galego as que mandan son Caixagalicia e Caixanova, e agora no convulso sistema financieiro e bancario español o que prima son as fusións de caixas, sobre todo, para aguanta-lo tirón da crise galopante que estamos a sufrir, e iso que a banca española foi das que mellor está a sobreleva-la crise mundial, a CNMV aboga pola fusión das caixas galegas, asi como o Consello Económico e Social, tamén a Xunta de Galiza, inda que a posición de Feijoo non a acabo de ter demasiado clara, coido que lle parece ben pero non se quere mollar moito, e iso que é algo estratéxico para os intereses económicos do País, estamos falando da laboura social que fan as caixas, que de todos é de sobra sabido é moi importante.

Pois ben, a principal beneficiada seria Caixa Galicia, que hai uns dias publicou os datos do terceiro trimestre e non son para nada bos, iso sábeo ben o presidente de Caixanova e dame a impresión que non está para nada pola laboura de fusionarse, entendo que miren polos seus intereses, pero ¿e os intereses dos galegos e galegas que temos alí os nosos aforros? ¿pensaron niso os de Caixanova?, sei que a fusión conlevaria o peche de sucursais e o despedimento de traballadores de ámbalas dúas caixas, pero engadiria tamén un plus de fortaleza ao sistema financieiro galego e gañaria músculo cunha grande caixa galega que estaria entre as cinco primeiras do Estado español, que poderia apoiar futuras operacións de multinacionais galegas coma Inditex ou Pescanova, por unha vez pensemos en clave de País, pensemos nos intereses xerais e non nos particulares, deixémonos de localismos Vigo-A Coruña e pensemos en Galiza, fagan un esforzo, coido que pagaria a pena, medo me daria que porque Caixanova non se fusionase con Caixa Galicia, ésta última caera nas mans de Caja Madrid, si, a mesma pola que se están a pelexar en Madrid, Gallardón, Aguirre e Rajoy, ¡que tropa!.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

3 comentarios a “Unha caixa galega única, forte e comprometida có País”

  1. o 2009-11-09 ás 11.01 pm 1.pepe dixo …

    ¿existe un sistema financiero gallego?

    Si pensamos en los intereses generales, si nos tenemos que dejar de localismos lo lógico es la unión con Caja Duero, Cajamadrid u otras cajas de ahorros españolas.

  2. o 2009-11-10 ás 12.03 pm 2.pepiño dixo …

    Pepe, vale, non haberá un sitema financieiro galego concebido como tal, chámalle tecido ou entramado, como queiras.

    Paréceme moi ben que penses non intereses xerais, pero ¿de quén? ¿da Caja de Madrid controlado polo Partido Popular tal vez? en que te baseas para afirmar con tanta rotundidade que a fusión/unión ou absorción por parte dunha caixa foránea vai a ser beneficioso e redundadará no ben dos aforristas e pequenos (e grandes) inversores galegos, explicamo, porque eu non vexo tan clara a cousa, máis moito ao contrario, os centros de decisión irian para Madrid, Barcelona ou calqueira outro polo financiero español, unha vez máis.

    Eu particularmente aposto por unha caixa galega única entre as tres ou catro primeiras do Estado, senón somos os galegos os que apoiamos isto, ¿quén vai ser?

    un saúdo

  3. o 2009-11-11 ás 11.58 pm 3.caralladas76 dixo …

    Conversa con Manuel Lourenzo, Premio Álvaro Cunqueiro de teatro 2009:

    http://nosquedaportugal.blogspot.com/2009/11/conversa-con-manuel-lourenzo-1.html

    E venres segunda parte da entrevista. Saúdos.

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.