Cargando...

Deportes 24 novembro 2009

Eu si confio neste equipo

Nos anos que levo de socio da bancada de norte de Pasarón nunca ollara tal cousa, non sei cal seria o peor partido na casa en moitos anos, se o do pasado domingo fronte a un recén ascendido (de rebote) da terceira división, que ten tódolo meu respecto e admiración por ter unha chea de galegos e canteiráns nas súas ringleiras,  ou se o 0-5 do Lugo na casa que tanto dano nos fixo aos socios e afeccionados granates. O feito é que Roberto Aguirre, o chamado a ascendernos esta tempada, ou alomenos a levarnos ao play-off de ascenso, foi cesado no dia de onte, agora ábrese unha vez máis o mercadeo e na terna de futuribles, que eu coñeza, polo de agora hai dous firmes candidatos, o ex capitán do Sevilla Pablo Alfaro, e o noso veciño e coñecido por todos, Fernando Castro Santos, nécora para os amigos. 

A bancada de norte ateigada de siareiros...

A cuestión é que, na miña modesta opinión, este ano contamos cunha plantilla con unha calidade bastante aceptable, non somos a ONU de outros anos, e coido que as fichaxes fixéronse con cabeza, exceptuando a de Matias Saad, que non da o nivel nin para a terceira galega, pero como digo, o resto do equipo ten un nivel óptimo para afrontar o ascenso con garantias, sempre e cando teñamos alguén que os dirixa con sabedoria, iso si, precisamos con urxencia un dianteiro de calidade, o Yuri ou o Igor que outros anos tivemos e do que este ano carecemos. Como dixen, Matias Saad non da a talla nin de puta coña, Iban Espadas fai o que pode pero ten as súas limitacións, e Gerardo ten toda a mña admiración, pero estivo lesionado e ten que coller ritmo outra vez, asi que, se hai cartos, agardemos alomenos unha fichaxe para o mercado de inverno.

null

Polo demais, eu estarei ao 100% có novo adestrador, agora mesmo imos novenos e a cinco puntos dos postos de liguilla, polo tanto estamos case na pomada, unicamente precisamos de compromiso e entrega, tanto de xogadores coma da afección, eu alomenos estarei alí para apoialos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

4 comentarios a “Eu si confio neste equipo”

  1. o 2009-11-27 ás 10.00 pm 1.David dixo …

    Breogain,

    Sabes que acostumo a a estar dacordo contigo na meirando maioría das ocasións, ben, nesta discreparei; o equipo estaba a 4 puntos do ascenso (non lembro noutras tempadas ir moitísimo mellor a estas alturas); pode que as impresións non foran as mellores, pero eu quédome cá impresión de que Aguirre sabía o que facía (malia non estar dacordo en moitas das súas decisións (claudio titular, Nevado no banco…).

    Estarei a morte con Alfaro, porque agora é do Pontevedra, e polo tanto terá todo o meu apoio, pero non acabo de velo como alguén cá habilidade necesaria para meternos en ascenso (de mais está dicir que ogallá me equivoque), outra cosa sería o Nécora ou o mesmo D.Vidal entre outros…

  2. o 2009-11-29 ás 12.52 pm 2.breogain dixo …

    ola david

    o post tituleino “eu si confio neste equipo” o que non implica que pode que non confie no adestrador..jaja, estou dacordo contigo en que Alfaro non ten experiencia e todos estaremos expectantes a “ver que pasa”, unha cousa semellante aconteceu con Xabi Gracia, inda que el xa adestrara aos xuvenis do Vilarreal antes, outra cousa como ti ben apuntas seria que tivera vido Castro Santos, pero xa van dúas ou tres ocasións nas que se postula para se-lo adestrador do Pontevedra e nunca remata por fructificar o tema, non sei se terá o caché moi alto, porque supoño que lle gustaria adestrar ao equipo da súa cidade.
    Polo demais dixen que si confio neste equipo, temos unha boa plantilla este ano, xente que pode ben levarnos á fase sen problemas, outra cousa é que eles o crean, o que si PRECISAMOS UN DIANTEIRO COMO AUGA DE MAIO, e na porteria tampouco estou moi seguro de si temos alguén en quen confiar, inda que Claudio contra o Montañeros foi o mellor do Pontevedra (sice). De Aguirre pouco podo contar, non me gustaban as súas maneiras demasiado, iso de pór titular a un xogador e á seguinte semana sentalo na bancada sen pasar pola banqueta, de emperrarse en non poñer a un determinado xogador ou face-los trocos no minuto 88… e algunha decisión táctica máis coma modifica-la defensa mil veces.

    Ogallá teñamos sorte con Pablo Alfaro, se lle imprime o caracter que el tiña no Sevilla ao noso equipo, de seguro que se creerán que poden chegar lonxe, base temos para logralo, o que hai é que creelo e currar para conseguilo.

    Un saúdo David

  3. o 2009-12-01 ás 7.56 pm 3.David dixo …

    Vale Breogain,

    Esta vez si que concordo cá túa opinión, especialmente no referido o dianteiro, non dúbido do compromiso e esforzo que lle pon Espadas, pero non é o dianteiro que precisamos, non sei como o ves ti, pero eu case dende a xornada 1 levo dicindo que Igor este ano cá calidade que existe no mediocampo podería meter un bó número de goles…

    En definitiva, que como ben apuntas, só nos queda agardar bós acontecementos…

  4. o 2009-12-06 ás 12.11 pm 4.breogain dixo …

    Por certo, estes dias houbo un ruxe-ruxe por Pontevedra moi interesante, seica Goran Maric interésalle ao Pontevedra C.F. coma fichaxe do mercado de inverno.

    Unha magnífica nova en caso de confirmarse.

    Saúdos

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.