Deportes 7 decembro 2009
¡¡ A por Goran Maric !!!
Moitos de vós supoño que non saberedes quén é Goran Maric e moito menos coñeceredes o escudo dabaixo, pertencente ao Norwich City, alcumados os canarios, equipo que milita na Football League Championship, que ven sendo a segunda división inglesa, tamén chamada Coca-Cola League, non fai falla explicacións ao respecto supoño, aqui tedes a nova saida na web de deportes da BBC.
Serbian striker Goran Maric leaves Norwich City |
|
Norwich have confirmed that Serbian striker Goran Maric has left Carrow Road by mutual consent. The 25-year-old former Celta Vigo and Barcelona forward signed a one-year deal with the Canaries in the summer after impressing on trial. But he has made just one start and one substitute appearance this season. Manager Paul Lambert told the club's website: "It's in Goran's best interests to move on and try to progress his career elsewhere." |
|
Como dicia, Goran Maric está libre, ao meu parecer e ao de moitos granates, poderia ser un fantástico reforzo para a tan necesitada dianteira do Pontevedra C.F. e que poderia chegar no mercado invernal, hai tres ou catro dias que foi declarado transferible polo seu anterior equipo e agora está máis libre que un paxariño, polo tanto dende aqui, e con toda a humildade que me caracteriza, insto ao clube a facer (de novo) un pequeno esforzo e a traer a este dianteiro Serbio que militou no Barcelona B e no Celta de Vigo B, no que meteu unha chea de goles, despois do visto no partido de onte en Pasarón, e en moitos desta tempada, ben poderiamos darlle matarile a Iban Espadas e a Matias Saad e facernos cós servizos de Goran Maric, coido que seria unha magnífica fichaxe, non sei que opinará disto Pablo Alfaro.

Nos vindeiros dias saberemos algo máis, o clube polo de agora non dixo nada, pero nos foros hai dias que hai un ruxe-ruxe sobre o tema.








o 2009-12-09 ás 12.07 am 1.O Traveseiro dixo …
Só comentar que coma son un friki futboleiro pois xa coñecía o escudo do Norwich, e que cando era cativo a maioría dos xogadores balcánicos que coñecía chamábanse Goran ou Zoran, como o caso do pai deste.
Por certo, que tal con Pablo Alfaro? Practica os mesmos métodos expeditivos de adestrador coma xogador?
o 2009-12-19 ás 7.52 am 2.breogain dixo …
pois eu tamén son un amante do fútbol británico, e non coñecia para nada ese equipo, eu tiro máis para o West Ham United, Newcastle e se me apuras, Liverpool, United ou Arsenal en menor medida, o Chelsea xa me parece demasiado “pijo” de máis….jaja.
Unha aperta traveseiro e bo nadal, ogallá ese depor aguante o tirón e acade algo grande este ano, quixera ollar un partido de UEFA ou Champions en Riazor, seria un puntazo.