Cargando...

Actualidade 20 decembro 2009

Novo emprazamento do local social da A.C. Revira

Non sabia nada do tema, escoitara que o alugueiro do anterior local, no que teño ido a algunha charla, algunha festa futboleira e tomado tamén algunha cervexa que outra con algún colega, expiraba estes dias de nadal, pero non sabia nada de que abriran xa noutro emprazamento da nosa cidade.

www.revira.org

Rúa Gonzalo Gallas nº 4 baixo (Pontevedra)

A xente da asociación cultural Revira levan seis anos traballando en Pontevedra pola defensa da cultura e a língua galegas, unha tarefa incansable que dia tras dia fainos merecedores do meu respecto máis sinceiro, os seus coloquios, as súas charlas, palestras e películas sobre os máis diversos temas sempre foron motivo de comentario na cidade, e sempre sairon adiante non sen poucos problemas, como os ataques fascistas de hai un ano que a piques estiveron de queima-lo local, pero sempre souberon sair adiante, sendo lugar de aglutinamento de galeguistas, nacionalistas ou independentistas galegos na nosa cidade, e  sendo pioneiros en moitos temas culturais nesta Pontevedra que semellaba durmida na noite dos tempos, lideraron na nosa cidade o tema do rexeitamento ás touradas, da selección galega de fútbol, da defensa do monte fronte os ataques da Brilat e moitos máis temas de actulidade, hoxe suben un chanzo máis e inauguran un novo local, que polo que puiden ollar nestas fotos ten moi boa pinta, agardo que teña tamén bar/cafeteria/taberna para seguir compartindo de cando en vez unha birra con Andrés ou algún colega máis da bancada de norte de Pasarón.

O dito, parabéns á xente da Revira por este novo local, que o desfrutedes con saúde e sorte moitos anos, por alí nos pasaremos un dia destes.

¡¡ Saúde e terra !!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

4 comentarios a “Novo emprazamento do local social da A.C. Revira”

  1. o 2009-12-21 ás 3.43 pm 1.um da revira dixo …

    Olá Breoghain, gracinhas por colares aqui a nova da inauguraçom do novo local. Convidamos-te a vir qualquer dia por lá, a tomar umha birra ou conversar sem mais. Temos aberto de 19 a 23h todos os dias, ampliáveis nas findes.

    Boas festas!

  2. o 2009-12-22 ás 1.25 am 2.RamiroPereira dixo …

    Traballo incansabel que desenvolve a Revira o servizo da comarca de Pontevedra. Graciñas Breo!. Unha aperta amigo.

  3. o 2009-12-22 ás 10.08 am 3.O ferreiro dixo …

    por certo….este ano si haberá ao final partido da selección galega, alí tentaremos estar presentes.

    máis info en:

    http://siareirasgalegas.org/principal.php?pag=lernot&id=259

  4. o 2009-12-23 ás 12.23 am 4.breogain dixo …

    De nada, entereime da nova hai un par de dias no foro do Pontevedra, e segundo puiden ollar nas fotos ten boa pinta e semella amplo.

    Haberá que pasarse un venres a tomar unha cervexa, un saúdo.

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.