Cargando...

Deportes 23 decembro 2009

Si haberá partido da selección galega de fútbol

Contra vento e marea, e sobre todo fronte á actitude institucional, que foi quén de desligarse totalmente deste acto deportivo á par que reivindicativo por primeira vez nos últimos catro anos, a xente de Siareiros Galegos ven de ultima-los detalles para celebrar un novo xogo da nosa selección absoluta de fútbol, desta volta mermada de maneira moi importante debido ao nulo apoio da Xunta de Galiza e da Federación Galega de Fútbol, que fixeron gala dunha actitude totalmente antigalega e mesetaria, porque si houbo cartos para ceder o estadio de Riazor e recibir a la roja, pero non para apoiar ao deporte galego e organizar un partido destas características que, inda que non tendo caracter oficial, si fai moito ben ao noso deporte e conciencia ás futuras xeracións de rapaces e rapazas, que son a canteira do deporte galego.

extraido de www.vieiros.com

O dito, aqui téde-lo cartaz cós actos a celebrar o vindeiro sábado dia 26 do presente, a partires das cinco do serán en Santiago de Compostela, o encontro terá lugar no campo de Santa Isabel, previo a el haberá a tradicional manifestación reclamando o noso dereito a competir baixo a nosa bandeira e logo do partido o concerto de tódolos anos.

cartaz de SS.GG.

Dende aqui facemos un chamamento á participación de toda a povoación galega nos diversos actos organizados para o sábado, fronte a deixadez e o ninguneo do noso governo, nós sairemos á rúa a defende-lo noso dereito como galegos e galegas a ter as nosas propias seleccións deportivas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

3 comentarios a “Si haberá partido da selección galega de fútbol”

  1. o 2009-12-23 ás 6.44 pm 1.pepe dixo …

    Si no hubiera parón liguero estos días, tal como hacen en Inglaterra, se acabarían estas tonterías de las selecciones autonómicas.

  2. o 2009-12-24 ás 2.57 am 2.RamiroPereira dixo …

    o que se tiña que acabar era a tonteria da selección española na Galiza.

  3. o 2009-12-24 ás 9.45 am 3.O ferreiro dixo …

    o que tiña que rematar era a tonteria e a estupidez de xente como “Pepe”, senón che gustan as seleccións autonómicas pois mira para outro lado ou queda cós amigos a tomar unhas cervexas, non sexas amargado home, que non che gusten ou non che guste o fútbol non ten que ver para que aos demais si e nos devirtamos e pasémolo ben, ademais de reclamar unha selección propia que nos represente a galegos e galegas.

    Un saúdo e boas festas PEPE.

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.