Cargando...

Actualidade 19 agosto 2007

Hoxe rematan as festas da Peregrina 2007

Pois a semana de festas en Pontevedra toca ao seu fin, foron uns cantos dias de festa e troula na nosa cidade e o luns haberá que voltar á normalidade, ao transcurrir do dia a dia e tamén aos problemas habituais, o máis destacado de hoxe será o concerto de Fangoria na praza da Ferreria e ás 00:00 horas a habitual tirada de fogos dende o peirao das corbaceiras que porá o broche final á semana grande, agardo que o teñades pasado ben e desfrutado e lembrade que inda resta a traca final deste verán de festas, a "Feira franca" da que vos falo máis polo miudo aqui, e que se celebrará os dias 31 de Agosto e 1 de Setembro, eu xa teño a miña roupa preparada, apurádevos porque está a piques de chega-lo dia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

3 comentarios a “Hoxe rematan as festas da Peregrina 2007”

  1. o 2007-08-21 ás 3.01 pm 1.Luis dixo …

    Pois eu fun os concertos de Fangoria e Miguel Bosé, paseino moi ben, gustaronme moito ambolos dous. O de Miguel Bosé foi o mellor, talvez poque había unha chea de xente, hoxe lin no xornal que calcúlase que había máis de 20000 persoas, todo un record falando de Pontevedra. A verdade é que a xente estaba moi animada, e o Bosé é un xenio no tocante a animar a xente. Cómo cantaban, brincaban e gritaban!!! Sen dúbida foron unhas das mellores Peregrinas de hai moito tempo… Un dez as festas deste ano!
    E agora queda a Feira Franca! Xa estou desexando que chegue setembro!

  2. o 2007-08-21 ás 4.04 pm 2.breogain dixo …

    pois eu xa teño todo preparado para a feira franca deste ano, polo de agora perdinme somentes unha edición, foi o ano pasado que estaba no Caribe e cheguei xusto a noite do sábado para tomar unha tapas.

    un saúdo e desfrutade do que resta de verán !!

  3. o 2007-08-21 ás 11.27 pm 3.pontevedra dixo …

    O de Miguel Bosé seica fon un conciertazo din…

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.