Cargando...

Caixón de xastre 24 decembro 2009

¡¡ Boas festas de nadal a todos !!

www.santygutierrez.com

A ponte vella quérevos desexar unhas felices festas de nadal, ou unhas boas festas sen máis, como prefirades, non imos entrar agora en polémicas de si BO NADAL ou BOAS FESTAS, non sexamos tan tiquismiquis. Agardo que esta noiteboa e as demais xuntanzas familiares que teñades, tanto no dia de nadal coma no de fin de ano e reis, as desfrutedes en boa compaña, tanto das vosas familias coma dos vosos amigos, eu farei todo o posible para pasalo o mellor que poida, ademais, e como moitos dos que sodes parroquianos deste blogue sabedes, este ano serán máis felices se cadra, porque xa somos un máis na familia e inda que con nove meses, a cativa non se vai a enterar moito do tema, o feito de tela presente fainos infinitamente máis felices a todos.

O dito, que desfrutes estos dias con saúde e felicidade, un aperta para todos e todas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

2 comentarios a “¡¡ Boas festas de nadal a todos !!”

  1. o 2009-12-29 ás 7.57 pm 1.F. Míguez dixo …

    A verdade é que vai ter difícil de superar vostede este 2009, pero que non sexa iso excusa para deixar de desexarlle o mellor para 2010. ¡Unha aperta!

  2. o 2010-01-01 ás 12.13 pm 2.breogain dixo …

    Unha aperta para vostede tamén, a verdade é que non foi nada mal no persoal este 2009, sobre todo polo nacemento da miña filla, a ver se o 2010 o mellora, e sobre todo nos saca a todos e todas desta puñeteira crise que levamamos como unha pesada carga nos ombros, ogallá todo vaia para mellor.

    Feliz 2010 !!

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.