Caixón de xastre 1 xaneiro 2010
¡¡ Graciñas Andrés !!

O pasado dia 30, e fieis a tradición dende hai un par de anos, un servidor e máis Andrés Milleiro, galego, amante de internet e músico por intuición, como ben reza no seu tumblr, tomamos unhas tapa no mítico Saudade, en pleno casco vello de Pontevedra, logo un par de cervexas no menos mítico Grifón, diante xusto do Barbol, outra cervexeria que inda non pisei pero que teño intención de visitar un dia destes, posto que falan marabillas dela. Como dicia, xuntámonos a falar de todo e de nada, sobre todo do seu curro en Salamanca e do meu curro en Pontevedra, e como non do equipo dos nosos desvelos, o Pontevedra Clube de Fútbol, todo isto acompañado cun par de Newcastle brown ale no meu caso e dunha Newcastle e unha pinta de Guinness no seu, magnífico para despedi-lo ano en boa compaña, unha vez máis preguntei pola Tennent's Stout ao barman pero nada, seguirei buscando.
Ahh !! e a foto corresponde ao agasallo que me trouxo Andrés, unha CaesarAugusta de La Zaragozana, desta birra e outra de nome Four elements darei boa conta nestes dias de nadal, sen máis, unha aperta e graciñas amigo.







o 2010-01-01 ás 5.53 pm 1.Juan Andrés Milleiro dixo …
O gusto é meu
o 2010-01-02 ás 1.57 pm 2.pontevedrés dixo …
tamén che podo recomendar o “Vacaloura”, detrás do Museu de Pontevedra (na rúa da Cabaña), moi boas birras aló.
o 2010-01-02 ás 3.58 pm 3.breogain dixo …
pontevedrés….graciñas pola recomendación, tentarei pasarme un dia destes por alí, dende hai cousa dun ano que coa nena teño menos tempo e case que non me achego moito polo casco vello e arredores, de seguro que hai novos locais, e entre eles cervexerias, que paga a pena visitar….
Barbol, A Cámara, o vacaloura que ti apuntas e algún máis.
Un saúdo e feliz ano !!