Deportes 27 agosto 2007
“La vuelta 2007″ partirá de terras galegas.
O vindeiro dia 1 de Setembro "La Vuelta ciclista a España 2007" partirá de terras galegas, concretamente da cidade de Vigo, todo apunta a que o Karpin-Galicia será unha das formacións convidadas desta edición, os galegos e galegas afeccionados ao ciclismo temos moitas esperanzas postas no que ven sendo o primeiro equipo profesional galego, inda que eu sempre fun máis do "mountain bike", o ciclismo de montaña vamos, pero agardo que fagan un bo papel e leven o nome da nosa terra ao máis alto do caixón, aqui vos deixo o anuncio que pasan polas televisións estes dias.
Sorte !!
Actualización: A presentación do evento terá lugar o vindeiro venres dia 31 pola tardiña no auditorio de Castrelos (Vigo) e o sábado a iso das dúas pasará por Pontevedra a caravana ciclista.
chúzame -







o 2007-08-27 ás 12.21 pm 1.turonio dixo …
a ver se son quen de gañar unha tirada! (os do karpin-gz)
o 2007-08-27 ás 11.24 pm 2.breogain dixo …
ogallá teñamos sorte, e sexan gañadores dalgunha das etapas, seria moi bonito ver a un equipo galego no máis alto do podio, poderia ser un empurrón moi forte para o noso ciclismo, que inda que con abudante canteira está fallo de un referente a nivel de equipo como poderia ser o Karpin-Galicia.
agardemos que o fagan ben, un saúdo turonio
o 2007-08-28 ás 12.04 am 3.luis dixo …
Non vira aínda a publicidade da Volta Ciclista a España… A verdade é que é xenial que este ano se lembraran de Galiza para o inicio da Volta. E espero coma vós que o novo equipo galego consiga unha ou máis vitorias,sería moi bonito para comezar… Un saúdo
o 2007-08-28 ás 12.21 am 4.breogain dixo …
agardemos que o fagan ben, xa que a saída é en Vigo pois supoño que sairán con forza e gañas de facelo ben, é algo moi importante o Karpin-Galicia para o ciclismo galego e tanto o máis a laboura que está a facer Evaristo Portela no Super-Froiz conseguindo que este equipo non-profesional sexa un dos mellores de España e supoño que có tempo canteira do Karpin-Galicia, quén sabe..
saúdos.