Música 10 xaneiro 2010
Florence and the machine – You got the love (video)
Hai dias que non me saco da cabeza esta canción, olleina hai unhas semanas na MTV2 e dende aquela estouna canturrexando todo o dia. Florence and the machine poden definirse coma un grupo de pop británico, indie pop ou rock alternativo, a súa vocalista, Florence Leontine Mary Welch poderia representa-lo prototipo da auténtica moza irlandesa, con esa abraiante melena pelirroxa e esas pecas tan ben disimuladas pola maquillaxe. As súas influencias segundo eles contan, veñen de Hole, Nirvana, The Velvet Underground, Green Day, Kate Bush e algún grupo máis, todos de sobra coñecidos. Sen máis desfrutade desta canción que chegou aos primeiros postos das listas irlandesa e inglesa, You got the love dos Florence and the machine.






