Axenda 22 Agosto 2007
VII edición da “Festa do mar” en Poio (Pontevedra).
A partires de hoxe comezará o prato forte das festas do verán no veciño concello de Poio, a "Festa do Mar" é o principal reclamo, hai dias xa foi o encontro de embarcacións tradicionais e hoxe será a apertura da carpa gastronomica, os concertos serán de balde ao longo deste xoves, venres e sábado, a partires das doce da noite e na explanada do porto deportivo de Combarro, tamén haberá pasarrúas, o encontro de pintores luso-galaicos e un concerto de bandas de gaitas, se queredes máis información pasádevos por aqui, a web do Concello de Poio.
chuzame -







o 2007-08-22 ás 2.10 pm 1.Luis dixo …
Pois haberá que darse unha pequena volta por Poio, de seguro que están moi ben as festas… Se é que en Galicia é máis difícil non estar de festas durante o verán… Un saúdo
o 2007-08-22 ás 3.27 pm 2.breogain dixo …
eu irei o sábado pola noite,non é que goste moito de Marta Sánchez, (vamos, da súa música, porque ela so hai que mirar como está de rica claro)pero iremos a tomar unha tapas na carpa e de paso a acompañar á xente que si lle gusta…compromisos que un ten
un saúdo.