Deportes 31 xaneiro 2010
Volta Igor, para os que ainda temos esperanza…
Volta Igor de Souza, o noso dianteiro brasileño, un dos mellores que tivemos na historia recente do Pontevedra C.F., agardemos que traia unha chea de goles no peto, porque os imos precisar e moito para entrar como cuartos clasificados e acceder este ano á fase de ascenso, que se me antolla máis dificil ca nunca, pero inda asi temos esperanza.
Por certo, na foto está acompañado polo presidente Nino Mirón e polo propietario de Supermercados Moldes (supoño), pois nunca ollei ningunha foto súa, pero o fondo da imaxe coas latas de atún Pescamar, os packs de Estrella Galicia e demais delatan que están nun supermercado.






