Cargando...

Deportes 6 marzo 2010

Campaña “Choque ás 5″ do Pontevedra C.F.

O Pontevedra clube de fútbol enceta o final da tempada 09-10 cunha nova campaña enmarcada dentro do famoso slogan do Optimismo crónico, agora que acadamos uns cantos resultados positivos, e que xa semella que podemos tocar coa punta dos dedos o cuarto posto que danos dereito a desputa-lo play-off de ascenso, saen uns abonos para enganchar a Pasarón a aqueles afeccionados dubitativos có xogo dos granates, por desgraza, e non é cousa do noso clube senón de moitos, sempre hai afeccionados que se suben ao carro cando chegan as victorias, non como outros que estamos alí chova ou faga sol, xoguemos o play-off ou deamos lástima como nalgúns partidos dos cales prefiro non comentar nada, e nesta tempada tivemos uns cantos e contra equipos galegos, pero vamos, case mellor perder de paliza cun paisano que cun de fóra.

extraido de www.pontevedracf.com

Pois nada, como aqui estamos para botar sempre unha man ao noso equipo, meto esta publicidade de balde da campaña dos derradeiros cinco partidos desta tempada, a ver se máis xente se achega por Pasarón, que todos serán benvidos, tamén os que se apunten a última hora, non lles miraremos mal, que estén tranquilos, que aqui todos remamos no mesmo sentido, e ogallá poida levar á cativa a un partido da fase, coa súa bufandiña e a súa camisola granate.

O que xa non entendo moi ben é se quixeron dicir choque ás cinco (horario cotián dos partido) ou choque ás cinco (veña esa man home !!), porque neste último caso non levaria til o as, nese caso aqui se ofrece un servidor para botar unha  man coas campañas en galego, cousa que por outra parte aplaudo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Un comentario a “Campaña “Choque ás 5″ do Pontevedra C.F.”

  1. o 2010-03-06 ás 1.34 pm 1.Manuls dixo …

    Eu supoño que é un xogo de palabras entre o que dis e o as de as cidades ou xornadas que nos quedan

    De todas maneiras, está ben a promoción :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.