Música 3 setembro 2007
Luar na lubre, “Tu gitana” na voz de Sara Vidal.
Sara Louraço Vidal, ese é o nome da voz feminina que veu a substituir a Rosa Cedrón xa hai un par de anos, unha papeleta moi complicada, pois a anterior cantante do grupo tiña unha fantástica voz dificil de superar. Segundo contan na súa web, neste mes de Setembro sairá á luz o seu novo disco titulado "Camiños da fin da terra", póñovos aqui unha actuación no programa Luar da T.V.G. interpretando o tema "Tu gitana", do disco Plenilunio e logo reeditado no disco "Saudade" na voz da portuguesa, eu tiven a sorte de coñecer aos Luar na Lubre hai anos, nun concerto no Bierzo, foi por mediación dunha amiga e convidáronnos ao seu camerino no que falei con Bieito Romero e o resto do grupo, logo, ao longo de varios anos visitei de cando en vez a baiuca "A cova folk", unha cervexeria que tiña o gaiteiro do grupo na Coruña, agora pechada, onde facíamos "Jam sessions" e desfrutabamos da música acompañados dunhas pintas.
Desfrutade da fermosa voz de Sara, no disco canta con Pablo Milanés, unha marabilla de tema.
chúzame -







o 2007-09-04 ás 11.25 pm 1.Suevo dixo …
Pois casualmente fun este sábado a un concerto de luar na lubre que deron en Ferrol e moi ben, estivo moi guapo (pero tamén hai que recoñecer que se bota en falta a rosa cedrón). Tocaron varias canción do próximo disco entre elas unha versión de “pousa, pousa” e outra de “os animais de dous en dous” (aproveitando o tiron do anuncio?).
Saudos.
o 2007-09-05 ás 12.06 am 2.breogain dixo …
Suevo, está claro que a voz de Rosa Cedrón e case que inigualable, eu xa perdin a conta das veces que os mirei en directo e aquela voz era incrible, un dos mellores concertos que vin deles foi un festival no Bierzo no que fun cunha amiga que me presentou a toda a banda e poidemos tomar un café con eles despois do concerto, o Bieito Romero principalmente é un tipo acojonante, un home moi, e recalco, moi comprometido có País, un galego que presume de selo e que o pasea por todo o mundo, lémbrome que aquel concerto foi nas miñas vacacións e o dia anterior ao concerto chamounos Bieito porque precisaba dunha bandeira galega para levar a un concerto no Quèbec, chegaba de Madrid (penso) tocaba no Bierzo e collian avión outra vez para o concerto no Canadá, e nós fumos aló encantados convidados polo grupo a levarlle o encargo…
un saúdo.