Cargando...

Actualidade 28 Agosto 2007

Hoxe atopei “Radio Poio” no dial.

Hoxe pasando có coche por Poio fixei a atención nun cartaz pendurado dunha farola, anunciaba as emisións de Radio Poio, descoñecia a existencia dunha emisora de radio para o veciño concello e tampouco cando comezou as súas emisións,  polo visto traballa xa a pleno rendemento, 24 horas, Radio Poio. Ofrece música, informativos xerais e locais. Ademais,  conta de 8 a 10 da mañá cun programa conducido por Eugenio Eiroa e centrado na actualidade das Rías Baixas, a emisora recíbese en Poio e nos arredores no 101.7 da Frecuencia Modulada, hoxe tentei sintoniza-la na radio do coche pero a verdade, moita pontencia non debe de ter porque pouco se escoitaba, pero vamos, que sempre é boa cousa a variedade no dial e claramente, a poboación de Poio incrementouse nos últimos anos dabondo como para ter unha emisora (descoñezo se é municipal ou non) e tamén algunha páxina máis adicada no Diario de Pontevedra.

Chuzame! chuzame -

3 comentarios a “Hoxe atopei “Radio Poio” no dial.”

  1. o 2007-09-05 ás 1.58 pm 1.Maruxa dixo …

    Ola Oso!pensei q xa o sabías… por agora non ten moita audiencia, pero dende o concello estase tratando de publicitar máis. As instalacións están no andar de abaixo do concello e a xornalista chámase Mónica. Estiven alí no mes de Xuño nunha entrevista polo tema de GZNova.Animo a tod@s a escoitala e a enviarlle suxerencias…

    saúde e patria
    Maruxa

  2. o 2007-09-05 ás 3.43 pm 2.breogain dixo …

    Pois xa vés, descoñecia que existise unha radio, supoño que municipal en Poio, inda non a puiden escoitar ben, na casa non me lembrei de buscala no dial e no coche, no que adoito escoita-la radio de camiño ao choio pois non ten moita forza e non se escoita moi ben que digamos…

    un saúdo :)

  3. o 2007-09-18 ás 10.42 am 3.Santy dixo …

    Hola a todos dende Poio, o paraiso do noroeste de España. Agora xa temos unha emisora de radio que e de carácter municipal; e toda unha ilusión que saíra adiante e tamén unha necesidade que xa levava tempo. Ten pouquiña potencia agora nos séus inicios, pero esperamos que o equipo que traballa dende as instalacións e reporteiros de campo sexan capaces de obrigarnos a buscar esta emisora nos diales das radios das nosas cociñas, coches, nos choios….

    Unha aperta a todos
    Un gaiteiro de Poio

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.