Actualidade 29 Agosto 2007
Que vai pasar con “Pontus Veteris” ?
Estes dias saiu a noticia de que a Conselleria de Industria da Xunta de Galicia pretende impulsar a creación dunha nova pasarela de moda -máis forte e con máis proxección internacional- que a actual que temos en Pontevedra, que á vez é a única que hai en todo o territorio galego, polo visto dende o governo galego non somentes fixeron caso omiso á solicitude por parte da Cámara de Comercio pontevedresa de facer unha "semana da moda", senón que ademais contestan cun concurso de ideas para a nova pasarela, ante isto eu fágome varias preguntas, porqué se dende Pontevedra, que foi a pioneira en facer unha pasarela destas características, non se recibiron fondos autonómicos para impulsala, porqué agora ademais queren facer outra e por riba na cidade da Coruña?, porqué se fan as cousas sempre sen previsións e a todo correr? de verdade que son necesarias dúas pasarelas ou é que a "Pontus Veteris" vai a esmorecer esquecida por todos?, a min chéirame ao de sempre, a algo parecido ao porqué de ter tres aeroportos funcionando á vez no noso territorio, porque xa me dirán vostedes que si con un deles, ben equipado e no centro da comunidade non abondaba, non sei, paréceme que isto é o conto de sempre, o de querer contentar a moitos ou aos localismos estúpidos de sempre que van rematar con nós.
chuzame -







o 2007-08-29 ás 3.30 pm 1.luis dixo …
Estou de acordo contigo, a verdade é que non ten moito sentido que fagan unha nova pasarela de moda, tendo en conta que en Pontevedra xa temos unha, que ademáis xa ten bastante tempo (20 anos), e polo tanto moita experiencia na organización deste evento. Teremos que agardar a ver qué acontece, pero a min chéirame que ao final a pasarela “Pontus Veteris” esmorecerá e desaparecerá se non recibe o apoio das institucións. Xa veremos! Esperemos que finalmente a pasarela de Pontevedra sexa a elixida…
o 2007-08-29 ás 4.09 pm 2.breogain dixo …
Ola Luis, ésta e a vixésima edición pero comezou no ano 1996, polo tanto ten pouco máis de dez anos, o que pasa é que supoño que farán dúas pasarelas por ano, unha para a tempada primaveira-verán e outra para outono-inverno, e o que ti dis, pois claro, que a Pontus Veteris xa é veterana nisto e se funcionou ao longo destes anos foi unicamente có apoio de Pontevedra non da Xunta, e agora queren facer unha nova sen apoiar ésta que seria o normal, non o entendo
saúdos
o 2007-11-20 ás 3.53 pm 3.tyt dixo …
E creo que deverian facer unha pasarela pero para os novos diseñadores k estudian diseño