Actualidade 4 setembro 2007
Conclusións da “Feira Franca 07″
Penso que non me trabuco, e que moitos dos meus veciños e visitantes estarán dacordo comigo, ao afirmar que a "Feira franca" de Pontevedra, foi e ven sendo dende xa hai uns cantos anos todo un éxito, tanto de participación coma de calidade, cada ano somos máis os veciños da nosa cidade e arredores, os que nos metemos de cheo nunha festa que xa consideramos algo imprescindible no verán pontevedrés, segundo contan e tamén puiden constatar, este ano veu máis xente ca nunca, eu cheguei a ver autobuses de Portugal con xente vestida para a ocasión, pero tamén viñeron polo visto dende Asturies e ata de Valencia, dando boa mostra do enorme éxito que está a acadar. Pero como tódalas festas, e ésta non ia ser menos, ten os seus puntos negros ou aspectos a mellorar, os meus poderian ser os seguintes:
-
Máis limpeza, non estaria de máis colectores de lixo de grandes dimensións e nos lugares estratéxicos, é dicir, nos arredores da alameda, concello, e algunhas prazas, asi coma tamén un retén de barrendeiros (síntoo por eles) que fixeran algunha limpeza de "urxencia" ao longo do dia. -
Máis control en canto a prezos, polo visto os hosteleiros están obrigados a pór unha táboa cós prezos, pero o que non pode ser é que nun sitio paguemos 0.60 € por unha filloa e noutro 2.50 € (constatado).
-
Máis seguridade, xa se sabe, grandes concentracións de xente, moito alcool e logo veñen as liortas e demais, non estaria de máis algo de control, por parte da policia, protección civil e demais nas rúas para evitar todo isto, e máis se contamos con que a festa medrará en canto a número de participantes nos vindeiros anos, queremos unha festa, non un
macro-botellón. -
Por último, dicir que este ano a Alameda encheuse de mesas que lle deron algo de "alivio" a outras rúas do casco vello, eu penso que a extensión da "Feira franca" debe de ficar ahí, que englobe o Casco vello e a alameda, nos vindeiros anos non debemos de medrar en terreo ocupado pola mesma, senón en calidade, ése debe se-lo obxectivo.
Penso que este anos desfrutamos máis que calqueira outro, numerosas actividades polas rúas, grupos de animación por tódolos rechunchos e infinidade de postos gastronómicos que facian as delicias de calqueira, mágoa do "famoso" incidende coa queimada que ten a dúas persoas ingresadas en Povisa con queimaduras de primeiro grao e unha muller embarazada xa fóra de perigo, agardo que se recuperen canto antes,tamén houbo algúns problemas cós fumes das parrilladas e demais.
Agora nada máis, a agardar pola festa do vindeiro ano, xa resta menos, eu paseino en grande.
chúzame -







o 2007-09-04 ás 11.11 am 1.Manuls dixo …
A festa estivo moi ben, aínda que eu tamén creo que agora hai que medrar en calidade e non en cantidade. Deberían controlar máis as mesas (había algunha rúa pola que case non se podía pasar) e á xente que fai cousas, porque vale que a xente non ten que saber historia, pero ter un pouco de rigor histórico estaría ben, aínda que fora so un pouco mais.
o 2007-09-04 ás 4.16 pm 2.breogain dixo …
Totalmente dacordo có que dis e tamén comentaba eu, agora o tema é medrar en canto a calidade, non en cantidade por moito que digan que se poden facer máis xantares e ceas, a extensión eu penso que abonda, o ano pasado a alameda estaba ocupada pola metade, este ano enteira de todo, houbo máis actividades que ningún ano e todo saiu “máis ou menos ben”, con excepcións coma todo, un acerto paréceme o que se fai no barrio de San Roque, o espectáculo medieval e de balde, polo demais, gustaríame que falaran de cifras pero parece ser que non se sabe canta xente puido participar principalmente o sábado.. :), paréceme raro que non se atrevan nin tan sequera a dar unha cifra orientativa.
Saúdos e o vindeiro ano a pasalo ben outra vez
o 2007-09-04 ás 7.11 pm 3.miguel dixo …
Penso que a feira franca e unha oportunidade perdida para a divulgación da Historia, xa que o rigor queda esquecido e o único que importa e emborracharse. A min non me gusta ver como os meus veciños comen o que lle boten, se fose a “feira prehistorica” ou a “feira do futuro” iría a cidade enteira como borregos, sen pararse a analizar o que se está a facer.
Dito esto, respecto totalmente o que cada un faga, faltaría mais!!. Pero gustaríame ver unha cousa máis seria e menos pantomima.
o 2007-09-04 ás 11.57 pm 4.breogain dixo …
Miguel, concordo có que dis, a min tamén gostaríame algo máis de rigor histórico pero non todo o mundo pensa niso á hora de divertirse, o sábado puiden comprobalo, xente vestida de romano, pirata (estilo piratas do caribe), con “taparrabos” ou mesmo de exipcios…moita desta e doutra xente non se pararon nin tan sequera a ler o porqué desta festa, desta recreación inspirada aló polo ano mil catrocentos e pico e polo visto pouco lles importa, pouco lles importa que foi a revolta irmandiña ou o burgo pontevedrés, o único que precisan e festa e diversión, a obriga agora e nos vindeiros anos do Concello de Pontevedra é o que comentabamos eu e máis Manuls, máis calidade e non digo “adoctrina-la” xente, pero sin poñerlles ao tanto (e que se preocupen) de saber en que consiste todo isto ao que lle chamamos FEIRA FRANCA.
un saúdo e graciñas pola visita.
o 2007-09-05 ás 10.58 am 5.Óscar dixo …
Gustaríame denunciar o servicio que dispensan a moitos dos restaurantes, bares e demais, por aproveitarse dunha festa como esta para encher o peto sen ningún tipo de escrúpulo a costa da xente que ven a divertirse e coñecer a cultura e gastronomía da nosa terra. Sei de boa tinta que en determinados establecementos, o trato no servicio e o binomio calidade-precio foi perfecto, pero tamén sei que non se poden pagar 25 euros por comensal, cando se comen unha porción de empanada conxelada, catro costilletas (osos) de churrasco, un viño que non hai quen o trague, un café e un postre que non chega nin para a metade dos comensais. O caso é que fomos 40 persoas e pagamos o redor de 900 euros por unha comida que ó propietario (Mamá Asunción) costoulle, como moitísimo, 200 euros; se aínda o servicio fora excelente, pero cando tardan en servirche case catro horas e media as cinco cousas antes mensionadas, daste conta que os 700 euros restantes non poden ser de servicio.
É unha pena que a codicia dangúns faga tanto dano a unha festa tan fermosa, por iso, se o ano que ven queredes comer medianamente ben, recoméndovos que non vaiades a este establecemento “Mamá Asunción” porque o atraco é escandaloso.
Noraboa a tódolos pontevedreses por esta magnífica festa…
o 2007-09-05 ás 1.15 pm 6.Luis dixo …
Pois foi unha mágoa, ao final non puiden ir á Feira Franca este ano, quedei en Santiago, tiña un compromiso persoal. Eu estou dacordo con todos vós, hai que optimizar a festa, incrementar a calidade da mesma, e procurar que non haxa altercados, nin accidentes… En canto ao coñecemento da historia… a verdade é que é un pouco difícil mesturar a doctrina coa festa, pero bueno… Supoño que a meirande parte da xente que acode á festa é para pasalo ben, non pensan tanto na historia da nosa vila. Unha mágoa, pero é así!
Ah, Breogain, gustaríame facer un apunte máis: gústame moito que sexas crítico con TODOS, e non te deixes levar pola túa idioloxía (que gracias a túa imparcialidade, polo menos na túa bitácora, non tería por qué saberse), e que sexas un pouco obxectivo tratando os temas que tratan da nosa cidade… O digo porque xa vin moitas bitácoras de Pontevedra, e están totalmente politizadas e sesgadas! Aínda que non deixe comentarios en todalas entradas que fas, si vexo regularmente a túa bitácora. Segue coa túa imparcialidade! Un saúdo!
o 2007-09-05 ás 2.07 pm 7.Maruxa dixo …
Ola,totalmente dacordo con vos… O tema dos prezos é escandaloso.Aínda q os meus colegas i eu fomos fieis o San Martín e non tivemos esos problemas, pero sí é certo q os hostaleiros aprovéitanse da situación a esgalla. A masificación cada ano é maior, pero penso q nunha festa destas dimensións iso vai ser moi difícil de controlar.Máis ben o contrario,ano a ano virá máis xente.Non albisco cal pode ser a solución,máis quizais non sexa este o momento,pois a fame q teño non me deixa pensar¿?Pero sí q penso q deberán poñer máis control ás mesas.Agora, o q teño moi claro, é q o botellón,o lixo…etc.non é culpa dos organizadores nin do concello,senón da falla de sentimento cívico da xente.Iso desgrazadamente sempre vai haber,sexa Feira Franca,Peñas…Un mágoa.Pero debemos quedarnos co positivo da festa,que supón un éxito de participación e de compromiso da cidadanía coa recuperación histórico-cultural.Saú2 pa tod@s
Maruxa
o 2007-09-05 ás 11.46 pm 8.breogain dixo …
Oscar: Sei do que me falas ao dicir que algúns locais aproveitan o tirón para enche-los petos sen máis, tamén sei onde está o “Mamasunción”, teño ido a tomar algunha cervexa ali e nunca mirei tapas nin nada polo estilo, polo tanto pouco poden ofrecer en canto a xantares ou ceas na Feira Franca, somentes sacarlle a pasta á xente, polo outra parte, e falo do meu caso, fun a un local a cear que non subiu os prezos para ese dia, ceamos moi ben, abundante (en plan tapeo) e barato.
Luis: Mágoa de que este ano non desfrutaras da festa, foi a mellor polo de agora, moitísimas actividades e tamén xente polas rúas, o dito, agora a mellorar en canto a calidade que non en cantidade, tamén graciñas unha vez máis polos cumpridos ao meu blog, a imparcialidade é algo do que moitos blog son carentes, no meu caso non é que sexa o máis imparcial, porque calqueira poderá, a pouco que se esforce, saber de que pé coxeo, pero tento ser crítico con todo o que se fai na nosa cidade, para o bo e para o malo, que por suposto hai e moito, pero para iso estamos nós, e para iso comecei con este blog hai meses, para axudar a mellorar o noso contorno.
Maruxa: Que che vou contar que ti non saibas
ceamos xuntos a noite da Feira Franca e sabes todo o que hai e todo o que pasou, estivo moi ben e por suposto que hai cousas que mellorar, faltaria máis, por parte do Concello de Pontevedra e tamén dos veciños e visitantes, que debemos ser un pouco máis cívicos, iso si, sen deixar de desfrutar da festa.
Apertas a todos e graciñas polas respostas
o 2007-09-06 ás 12.51 am 9.Brugal con Cola dixo …
Miguel, tu reflexión es la más acertada de las que he visto y escuchado, sin duda te doy toda la razón. Al final la gente solamente se preocupa por la fiesta y por hacer digamos un “carnaval de fin de verano”
Por otra parte, me gustaría preguntarle a Óscar como es que se le ocurrió ir a comer a una cervecería donde no han visto una tapa en su vida. Supongo que por desconocimiento, no sé. Te aconsejaría que la próxima vez te buscaras un sitio de comida de confianza donde sepas que saben hacer de comer y que no van a la pasta.
Al final si eres como dijo MAruxa fiel a tu bar de siempre sabes que vas a comer bien y que no te van a robar por un trozo de empanada.
Un saludo a todos y todas.
o 2007-09-06 ás 10.47 am 10.Julio dixo …
Hola Javier,
Me llamo Julio y soy Pontevedrés este año la edición de la Feira Franca me ha decepcionado un poco, lo puedes comprobar en el post que puse en mi blog, espero que en venideras ediciones mejore.
Saludos
o 2007-09-06 ás 10.58 am 11.Sísar dixo …
Totalmente de acuerdo contigo Breogain.
Yo creo que la ampliación hacia la Alameda es la más adecuada, sirviendo además de enlace con el Barrio de As Moureiras (San Roque) que en aquella época jugaba un papel crucial en la actividad económica de la villa, y que no puede ser desaprovechado si realmente se quiere fiel con la historia.
Con la batalla de las Justas en la Plaza de Toros hay un enlace idóneo para todo esto y la ambientación también debería extenderse a San Roque.
o 2007-09-06 ás 4.19 pm 12.breogain dixo …
Sisar, dacordo con que chegue ao barrio de San Roque, eu de pequeno crieime alí, pero no que non estou dacordo é na ampliación da feira a outras partes “novas” da cidade, eu penso que tal como está, coma alameda completamente ocupada e donde non se molesta a ninguén cós fumes estaria ben, penso que todos opinamos de forma semellante, agora o que prima é mellora-la calidade que non a cantidade
Julio: A min tanto coma decepcionarme non, nin moito menos, hai cousas que se poden mellorar, está claro, hai que concienciar á xente en que é un dia para recrea-lo noso pasado, non para facer un macro-botellón de colofón final do verán, está claro que en Pontevedra vainos a festa coma ao que máis, e nos apuntamos a todo, agora temos que ser consecuentes coa historia e facer mellor as cousas nos vindeiros anos.
Julio, por certo, quén é ese Javier do que falas..?
saúdos a todos e todas.
o 2007-09-07 ás 12.04 am 13.Julio dixo …
Javier?? Xavier?? pois ainda estou pensando quen pode ser, non teño nin idea desculpa Breogain.
o 2007-09-07 ás 12.18 am 14.breogain dixo …
jajaja, nin idea, polo menos por aqui penso que non hai ningún Javier
o 2007-09-07 ás 12.46 am 15.Brugal con Cola dixo …
jajajaja
Ande andará Javier??
jajajaja
Me ha hecho mucha gracia eso
jeje
Un saludo.