Cargando...

Caixón de xastre 21 setembro 2007

Rematou o verán.

solpor-na-lanzada.jpg

Hoxe en teoria debe de comeza-lo Outono, pero a verdade é que xa se comezou a notar hai dias, chego á casa xa de noite e comeza a refrescar, mesmo a derradeira vez que fun á praia, hai unha semana máis ou menos, xa estaba anoitecendo cando nos fumos para a casa. Agora o sol vaise agochando tralo hourizonte e todo volta á súa normalidade, o ritmo acelerado do verán vai decrecendo e  eu agardo pola chegada do inverno, polo tintineo da choiva nos cristais e polas tardes de domingo paseando pola praia.

Chuzame! chúzame -

5 comentarios a “Rematou o verán.”

  1. o 2007-09-21 ás 1.51 pm 1.Luis dixo …

    Qué depresión! Se non tivemos verán este ano! E xusto cando un volta ao traballo en setembro comeza o bo tempo… Que noxo! E dentro dunha semana voume a Inglaterra, de seguro que alí moito máis frío… Pois nada, outra vez será. Unha apertaa!

  2. o 2007-09-21 ás 3.26 pm 2.Brugal con Cola dixo …

    No nos lo recuerdes hombre!!!

    Parafraseando a Luis, que depresión…
    Y más yo que me fui al caribe en Junio!!
    jojojo

  3. o 2007-09-21 ás 4.12 pm 3.breogain dixo …

    E falando de viaxes exóticas, eu o ano pasado,en agosto, fun á Riviera Maya, concretamente a “Playa del Carmen” México, aquelo si que era verán e calor abafante, un tempo fabuloso os dez dias, con algunha treboada esporádica, non coma este ano tamén por Agosto, que mirando os telexornais alucinei có tempo que habia ali..buff.

    Saúdos

  4. o 2007-09-23 ás 9.08 pm 4.Anxélica dixo …

    Que sorte! A Riviera Maya… eu tiven que conformarme en meterme no bullicio de Londres… e si, rematou o verán, pero inda sí temos un tempo de verán!

    Unha aperta!

  5. o 2007-09-23 ás 11.47 pm 5.breogain dixo …

    Anxélica, polo que contan os “homes do tempo”, para o luns xa entra unha fronte de chuvia e algo de frio polo noroeste, ou sexa, que coma sempre nós somos os primeiros en nota-las inclemencias do tempo, inda asi, o verán durou bastante, hoxe houbo xente que foi á praia e no levante mentras, chovendo e caendo pedrizo como pelotas de golf….é o que ten o tempo.

    Benvida de novo por estas terras :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.