Cargando...

Caixón de xastre 9 setembro 2007

Praia de Melide, no “Cabo do home”, O Morrazo (Pontevedra)

cabo-do-home.JPG

A foto é máis ben mala, foi escaneada por min hai alomenos oito ou nove anos, daquela non habia cámaras dixitais, pero a intención penso que é o que conta, e o feito é que queria ensinarvos unha das mellores praias (na miña humilde opinión) que temos no territorio galego, sen desmerecerlle nada á de Rodas (Illas Cies) ou á de Carnota, outras das miñas preferidas. Non sei exactamente a que resposta este post que estou a facer, pode que á nostálxia de pensar que o verán está a piques de rematar e case non o desfrutamos (algúns).

praia-de-carnota.jpg  praia-de-rodas.jpg

                      Praia de Carnota       Praia de Rodas                    

 

Chuzame! chúzame -

8 comentarios a “Praia de Melide, no “Cabo do home”, O Morrazo (Pontevedra)”

  1. o 2007-09-09 ás 1.24 pm 1.Luis dixo …

    Esa praia é incrible! Eu estiven alí hai uns catro anos, e a verdade é que a paisaxe é preciosa, a area branquísima, e a tranquilidade coma nunha illa abandoada… Gustoume moitísimo, e sempre penso cando vou voltar por alí; e é que o problema son os accesos a mesma, por un camiño de terra e pedras, un ten que deixar o auto a un par de quilómetros da praia! (polo menos hai catro anos). Pero bueno, a ver se un día convenzo aos mesmos amigos…
    Ah, por certo, unha foto da praia moi bonita

  2. o 2007-09-09 ás 11.13 pm 2.opaco dixo …

    o nome dela é praia de Melide. tres páxinas de fotos aquí :)

  3. o 2007-09-09 ás 11.48 pm 3.breogain dixo …

    Graciñas opaco, non sabia o nome, asi que xa edito o título para poñelo correctamente.

    Un sáudo.

    Luis, eu tamén hai anos que non paso por esa praia, o acceso daquela si que era malo en coche, cunha pista de terra con moitos baches, pero case mellor asi porque a xente non se achegaba cós vehículos e a praia permanecia máis “intacta”, eu adoitaba bañarme tamén aló polo 24 ou 25 de decembro cuns amigos para despedi-lo ano, hai tempo xa que non o facemos. :)

    saúdos.

  4. o 2007-09-10 ás 1.41 pm 4.Maruxa dixo …

    Ola!Precismente este sábado pasado fun con Chicho a esa praia.. Xa estiveramos anteriormente pero de paseo… as vistas son unha pasada, aínda q persoalmente prefiro a area de san vicente do mar, máis fina e branca. Ad+,xusto na orilla antes de entrar na auga hai moitas pedriñas pequenas q molestan cando pisas , pero o lugar é ¡¡¡¡ IMPRESIONANTE!!!!Estar tomando ó sol a carón de Cíes non ten prezo. Por algo vivimos no mellor país do mundo ( je,je)

    unha aperta pa todos

  5. o 2007-09-13 ás 2.14 pm 5.F. Miguez dixo …

    Galicia aínda ten un completísimo catálogo de sitios impresionantes, como as tres praias que citas. Hai que loitar por preservalos, e ós seus entornos, para poder seguirmos a disfrutar, de balde, de lugares cos que outros só poden soñar.

  6. o 2007-09-13 ás 3.05 pm 6.breogain dixo …

    Totalmente dacordo có que dis, o territorio galego ten unha chea de sitios impresionantes, tanto no interior coma na costa, sitios que debemos conservar tanto os propios galegos coma o noso governo, sitio como os castros, dólmenes, antas, praias, bosques coma o Courel…na nosa man está deixarlle isto aos nosos fillos, o turismo ben pode axudar cós seu cartos a manter este patrimonio, pero éste turismo ten que ser controlado evitando as masificacións que sofren noutros lugares, dos que ben sabemos todos, unha boa medida por exemplo foi o feito de limita-lo número de visitantes ás Illas Cies, paréceme acertado.

    Un saúdo.

  7. o 2007-11-09 ás 10.09 pm 7.LAU_aku dixo …

    caray é realmente precioso, teño que dar unha volta por alí.
    Aínda tanto na costa coma no interior temos sitios impresionantes q hai que loitar por eles…se non, quen vai facelo??
    os catalans??os madrileños?…
    a min fastidiame o feito de que por exemplo os cañons do Sil un sitio realmente asombroso, van facer unha presa q vai repercutir moito na beleza do paixase, na fauna,etc….e todo por unha central hidroelectrica de iberdrola q total os beneficios non van a ser para os galegos porque os cartos van a cataluña e a estes sitios ….en sanxenso unha fraga foi destruida pola construcion duns chalets…e moitos sucesos mais q estan pasando…cheirame todo moi mal, e iso preocupame como galega que sou.

    saúdos

  8. o 2007-11-10 ás 12.02 am 8.breogain dixo …

    Lau, primeiramente benvida ao meu blogue, graciñas por pasarte e máis por deixar unha mensaxe e maila túa opinión que eu tamén comparto totalmente, o principal activo que temos os galegos e galegas é o noso patrimonio, se rematamos ou deixamos que rematen con el, estamos perdidos, non teremos nada que ofrecer a ninguén, e o peor, tampouco a nós mesmos, dende hai séculos, o máis importante que tivemos os galegos foi a nosa cultura, e o noso territorio que nos deu a nosa forma de vida, eu estou orgulloso de ter nado nesta terra e non ter que deixala para traballar fóra, feliz de colle-lo coche e en apenas media hora, estar nunha praia paradisiaca coma ésta ou no cúmio dun monte como o castrove, onde podo contempla-la ria de Pontevedra en todo o seu esplendor… son dos que pensan que o turismo está ben e trae cartos, pero de verdade que paga a pena o sacrificio da nosa paisaxe e da nosa natureza excepcional para obter uns pequenos beneficios..? O turismo arrasa por onde va, é coma unha plaga de langosta, arrasa e logo sigue avanzando e buscando outro lugar, a nós pasaranos o mesmo que á costa do sol e o único remedio que temos é plantarlle cara.

    un saúdo Lau_aku e volta cando queiras, saúdos dende Pontevedra.

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.