Cargando...

Deportes 6 setembro 2007

Aquel memorable partido da U.R.S.S.

Estes dias que andan a voltas có Eurobasket 07 e puiden ver algún partido, lembreime daquela mítica  semifinal dos Xogos Olímpicos de Seúl 1988, xogaban a U.R.S.S. (Unión Soviética) contra os U.S.A., tiña eu daquela 14 anos, e eu e mailo meu irmán estabamos fascinados por aquela selección da extinta Unión Soviética, aquel equipo dos inigualables Arvydas Sabonis, Rimas Kurtinaitis, Valeri Tikhonenko, Alexander Volkov, Vladimir Tkhachenko, Valdemaras Homicius e algún máis que non me lembro, nunca fun excesivamente afeccionado ao baloncesto, claramente prefiro o fútbol, pero como todo o mundo, nas grandes citas estou sentado diante do televisor, polo menos para poder logo comentar aquela xogada espectacular ou aquel triple sobre a serea, posiblemente sexa a nostalxia, pero para min aquel foi o mellor partido de baloncesto que vin na miña vida, outra cousa é o que considero o meu xogador de basket preferido de tódolos tempos, certamente teño as miñas dúbidas entre Arvydas Sabonis ou Drazen Petrovic.

Aquí tedes o video do partido:

http://www.youtube.com/watch?v=7Z9NVMuNz_g

 

Chuzame! chúzame -

10 comentarios a “Aquel memorable partido da U.R.S.S.”

  1. o 2007-09-06 ás 10.51 am 1.Sísar dixo …

    Petrovic sin duda niguna ;-)

  2. o 2007-09-06 ás 1.07 pm 2.breogain dixo …

    jajajaja, vendo de ti xa sabia cal escollerias :) a cousa estaba dificil, ou un “comunista” da extinta Unión Soviética ou un “socialista” da extinta Yugoeslavia…

    un saúdo.

  3. o 2007-09-06 ás 4.17 pm 3.Brugal con Cola dixo …

    a mi petrovic me queda demasiado atrás en el tiempo, a sabonis lo vi algo en la nba, asi que entre esos dos me qedaría con sabonis…

    Así mas actuales, lo que conozco, me qedo sin duda con Dejan Bodiroga si hablamos de europeos, o sino americano, quitando al gran Jordan, me encantaba John Stockton.

    Un saludo

  4. o 2007-09-06 ás 4.37 pm 4.suevo dixo …

    Pedazo de selección que tiña a URSS e que rara se ve agora a pista de baloncesto sen a liña de 3 puntos.

    Como xogador europeo, Nikos Galis era un maquinón

    Por certo, a ligazón ao video de youtube non vai ben :(

  5. o 2007-09-06 ás 7.13 pm 5.F. Miguez dixo …

    Espectacular foto, sí señor.

  6. o 2007-09-07 ás 12.12 am 6.breogain dixo …

    Aquela selección soviética era practicamente invencible, eu lémbrome de vela sendo eu moi pequeno, lémbrome dos triples de volkov e dos “mates” de sabonis e tkhachenko, impresionantes estos dous últimos, dúas torres de máis de 2,20…

    por certo, é verdade o video non rula e non sei porqué, vou edita-la entrada e poñela url completa, porque poñendo unha ligazón non vai.

  7. o 2007-09-11 ás 11.07 pm 7.Sísar dixo …

    Marciolenius o como se escriba era muy grande. Impresionate final de Europeo el que se vivió entre Lituania y Yugoslavia en el noventa y algo con sentada de Lituania entera.

    Lo de Petrovic, joer, jamás lo había visto así. Todavía recuerdo el pique Petrovi-Jordan en Barcelona 92 que fue impresionante. Me quedo con Petrovic porque soy muy madridista y siempre nos humilló con la Cibona y en el Madrid nunca vi nada igual. Aunque compararlo al gran Sabas te hace dudar mucho mucho. Son muy diferentes. Si Sabonis no tuviera las lesiones en las dos rodillas no quiero pensar lo que hubiera llegado a ser.

  8. o 2007-09-12 ás 12.23 am 8.breogain dixo …

    por certo, hoxe outro partidazo da selección española de basket contra Israel, case chegan aos tres díxitos, andivolle ahí, Gasol tremendo !!

    un saúdo.

  9. o 2007-09-19 ás 11.30 pm 9.Al dixo …

    Aleksander Volkov, Tiit Sokk, Sergei Tarakanov, Sarunas Marchiulonis, Igors Miglinieks, Vadim Tikhonenko, Rimas Kurtinaitis, Arvydas Sabonis, Victor Pankracskin, Valdemaras Khomicius, Aleksander Belostenny, Valery Goborov.Entrenador Gomelsky.

    GRANDÍSIMOS.

    Meus favoritos Sabonis, Khomicius, Kurtinaitis, e tamén Volkov e Tarakanov…

    E iso que eu tamén son futbolero

  10. o 2007-09-20 ás 1.27 pm 10.breogain dixo …

    eu tamén son futboleiro, pero todos temos ou tivemos o noso segundo deporte, no meu caso é o ciclismo de montaña, pero tamén desfruto moito có baloncesto.

    un saúdo.

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.