Cargando...

Caixón de xastre 11 setembro 2007

Meme: Cinco cousas que che gustaria ter.

Andrés Milleiro, o meu colega "tecnosexual", convídame a contestar a un meme que a el lle enviaron tamén hai uns dias, facendo memoria, éste debe se-lo  segundo meme ao cal contesto despois daquel famoso que mirara na páxina de Javi Moya, éste en cuestión fala das cinco cousas que agora mesmo me gustaria ter, pois a bote pronto serian as seguintes;

  1. Un Mini Cooper S, unha das miñas afeccións, -entre outras que teño-, son os coches, e a verdade, éste seria un dos meus preferidos xunto cun BMW M3.

  2. Tempo libre para poder viaxar, antes de estudante non habia cartos pero si tempo libre, ou alomenos no verán, agora traballando hai aforros pero pouco tempo para escapar, sigo na miña teima de viaxar a Irlanda, Escocia ou Bretaña.

  3. Unha "Highland bagpipe", unha gaita marcial escocesa vamos, un dos meus pasatempos preferidos cando teño tempo é toca-la gaita, teño unha "Seivane" de granadillo en Do, ensaio de cando en vez có grupo "Vides Novas" de Poio.

  4. Un xardín para ter cans, teño o mesmo problema que todo "fillo de veciño" con piso, non teño sitio para telos, encántanme os animais, inda que pola miña alerxia sempre tiven problemas con eles, pero agora case curado, gustaríame ter un par de boxer.

  5. Por último non pido para min, senón para todos os meus veciños de Pontevedra, gustaríame ter o equipo da nosa cidade en Segunda División e se fora posible porque non en Primeira, agardo que có traballo e apoio de todos, o noso Pontevedra C.F. vaia cara arriba e pronto volte a estar onde lle corresponde, por historia e por dereito propio.

Isto foi todo amigos :)

Pásolle o meme a Luis e a "Brugal con cola", dous "blogueiros" de Pontevedra cós que adoito intercambiar pareceres.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

4 comentarios a “Meme: Cinco cousas que che gustaria ter.”

  1. o 2007-09-11 ás 10.58 am 1.Andrés Milleiro dixo …

    Non sei onde o escoitei, pero era certo que “este ano o ascenso non é un sono, é unha necesidade

    Unha aperta, tecnobreogain :D

  2. o 2007-09-11 ás 12.16 pm 2.Brugal con Cola dixo …

    mmm…

    En los próximos días tendre que hacerlo…

  3. o 2007-09-11 ás 1.08 pm 3.Luis dixo …

    Vaia, a esta entrada estou obrigado a responder! Hahaha! Bueno, a verdade é que é un pouco difícil dicir aquilo que desexo… Sempre se teñen preferencias, aínda que estas varían co tempo, dependendo do que vivas nese momento. O que vou dicir é o que me gustaría ter comezando polo que vexo máis lonxano no tempo e que debería estar máis preto:

    1- Pois o primeiro sería saber tocar algún a gaita! Hahaha! Si! O que acontece é que teñen que pasar aínda bastantes anos, a miña vida non é tan lineal, hoxe estou aquí, e mañá non teño nin idea, así que supoño que cando estea por fin nun mesmo lugar vivindo (quen sabe, dentro duns anos), buscarei unha academia para aprender a tocar a gaita.

    2- Atopar un bo traballo! Espero que o consiga en dous ou tres anos, teño que terminar a miña tese!

    3- Rematar a miña tese! Obviamente! Espero que tan só me leve os dous anos que me quedan, aínda que a investigación é sempre unha incerteza…
    4- Conseguir a beca da Xunta que vou pedir esta semana, esta marcará o meu futuro nos próximos dous anos! E teño que conseguila!
    5- O último, pois que me vaia ir ben en Inglaterra a partir de outubro, en menos de tres semanas deixo a miña terra durante 6 meses! Espero atopar xente simpática e aberta que faga a miña estancia agradable.

    A verdade é que dos cinco desexos, 4 ten que ver máis coa miña vida laboral… A persoal creo que prefiro reservala para mín! En canto ao demáis… Pois xa se verá! Un saúdo Bregain, e espero que todo o que desexas se che cumpra! Unha aperta

  4. o 2007-09-11 ás 10.07 pm 4.breogain dixo …

    Luis: Ogallá che vaia todo ben neses estudos e na futura vida en Inglaterra, supoño que por alá poderás atopar unha conexión a internet e pór algo de cando en vez no teu blog, senón sempre che podes pasar polo meu para informarte dalgunha cousiña que pase na nosa cidade :) , por certo, o do meme era para que respostases no teu blog, vamos, que fixeras unha entrada ali e asi “encadear” esta historia, pero está claro que asi tamén vale…jajaja.

    Brugal con Cola: cando queiras anímate e faino :)

    Andrés: aqui estamos para o que mandes meu, ti xa sabes, búscame esa Tennent’s Stout por Salamanca, serás os meus ollos alén do Padornelo :)

    Por certo, alguén máis se anima a contestar..?

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.