Actualidade 18 Setembro 2007
Temos un “punto limpo” en Pontevedra?
Hai un par de dias, paseando por un monte dos arredores de Pontevedra, máis que nada para estira-las pernas e tamén para ver como quedara todo despois dos incendios forestais do ano pasado, atopei un montón, que digo montón, unha montaña máis ben, de neumáticos usados no medio das árbores e dos fentos, estaba algo agochado pola vexetación pero ben se podia ver, nese momento veume á cabeza a seguinte pregunta, temos en Pontevedra un dos chamados "puntos limpos"?, vamos, un lugar deses onde bota-los electrodomésticos, somieres, mobles ou calqueira trasto vello que non nos recollan en calqueira outro sitio, xa non falo dos neumáticos usados posto que agora ao poñe-los novos, cóbrannos un canon de reciclaxe por cada un, asi que nese aspecto o problema deberia estar resolto. Estiven mirando nas web's de Sogama, de Adega e tamén aqui, e tentando busca-lo punto limpo da nosa cidade por si un dia destes preciso del, pero foi imposible, ou non temos ou non está rexistrado, a ver logo se o Concello de Pontevedra ou a Xunta de Galiza se poñen as pilas e dotannos dun canto antes, penso que é unha reclamación xusta e urxente.
chuzame -







o 2007-09-18 ás 4.54 pm 1.Brugal con Cola dixo …
Pues la verdad es que no se si hay, pero apostaria a que no.
Antes de que lo limpiaran la gente dejaba todos los muebles y electrodomesticos a lado de la rotonda del pino, pero era un vertedero ilegal.
Un saludo
o 2007-09-18 ás 5.25 pm 2.eu dixo …
eu penso igual, a verdade é que nunca oin falar de ningún punto limpo na nosa cidade.
saúdos.
o 2007-09-19 ás 12.04 am 3.breogain dixo …
estou con vós, a verdade é que estiven mirando en web’s e preguntando pero descoñezo se temos un “punto limpo” na nosa cidade, máis ben penso que por desgraza son os nosos montes os destinatarios de trastos e mobles vellos, non hai máis que darse unha volta pola caeira, pola fracha ou polo monte castrove, eu que son afeccionado ao mountain bike teño visto infinidade de vertedoiros incontrolados e a verdade, é unha tristeza e da unha xenreira moi grande ver como tratamo-lo medio ambente e que nin dende o Concello, Xunta e mesmo nós, os propios cidadáns, non se fai nada por remedialo.
saúdos.