Cargando...

Caixón de xastre 13 setembro 2007

As “polémicas” galescolas están de estreno.

As galescolas estrean os mandilóns que han lucir os cativos, destacan as cores azul e branca tan identificativas da nosa terra e uns simpáticos botóns de cores, a min particularmente parécenme bonitos e acábome de enterar, pola súa web, de que a garderia infantil "O toxo", á que fun eu de pequerrecho, está integrada na rede galega de escolas infantís.

Chuzame! chúzame -

12 comentarios a “As “polémicas” galescolas están de estreno.”

  1. o 2007-09-13 ás 12.01 pm 1.Luis dixo …

    Mmmm, esto das galescolas trae moita polémica. A verdade é que xa o nome dá qué pensar… Semella unha secta de galegófilos tentando de comerlle a cabeza a nenos de 3 anos! Cando escoitei a nova de que Quintana quería que os nenos de 3 anos souberan o himno de Galicia pareceume unha tolería! E até ridículo! Non sei, os políticos tiñan que pensar máis nas cousas que nos preocupan de verdade e non en nimiedades.
    E ollo! Que a idea das galescolas encántame!
    Un saúdo!

  2. o 2007-09-13 ás 12.48 pm 2.Brugal con Cola dixo …

    Voy a decir una malicia….

    A la banderita no le falta la estrella roja??

    jaja

    De galescolas pues no puedo decir mucho porque no le he prestado mucha atención, pero solo digo que las ideas de Quintana no suelen ser buenas.

    Solo digo que esto de las galescolas puede tener una doble vertiente, en el sentido que alguno niños le podra gustar mucho, pero otros igual con el tiempo acaban hasta los mismísimos de tanta tonteria. No se.. puede ser..

    Un saludo

  3. o 2007-09-13 ás 3.15 pm 3.breogain dixo …

    A ver, eu penso que o das galescolas é unha boa idea, por unha banda amplíase a oferta de prazas infantís das que habia moita carencia e por outra parte tamén se ofrece unha ensinanza en galego que ata o de agora non estaba garantida a tódolos niveis, posto que por moito que digan algúns de que se trata por igual a galego e castelán, na práctica non é asi, e moitas veces o ensino é un “instrumento” moi desgaleguizador, tamén estou dacordo de que cadanseu pai elixa o idioma non que ensinarlle ao seu fillo, pero tamén estou dacordo con que o que queira unha ensinanza en galego en tódolos niveis educativos a teña garantida, o que non pode ser, -e xa non falo de garderias- é que moitos galegofalantes perdan o emprego cotiá do idioma ao chegar á escola porque no seu centro non se impartan as aulas en galego ou o rapaz non se poida expresar libremente nese idioma e sexa tachado de nacionalista/separatista…e con iso penso que resposto tamén ao comentario (xa sei que foi sen malicia) de brugal, -o da bandeiriña refírome-, home, que tódalas ideas de Anxo Quintana sexan malas…non home non, está claro que a estrela bermella non ia ir na bandeira, entón si que seria unha manipulación política das galescolas, polo de agora, non sei se víchedes a ligazón que poño da web das galescolas, paréceme máis que nada unha medida cultural e de apoio incondicional ao noso idioma, hai máis garderias, ninguén está obrigado a ir ás galescolas, polo de agora por aqui temos dúas, a de Campolongo e a de “O toxo”, en Poio supoño que abrirán en breve a de Andurique, perto do Casal de Ferreirós.

    Un saúdo :)

  4. o 2007-09-13 ás 6.11 pm 4.Brugal con Cola dixo …

    La verdad que me parece cojonudo que cada uno estudie en el idioma que quiera, es más, totalmente en serio, tambien creo que sería mucho más productivo el que los estudios fueran en ingles, o por lo menos algunas materias.

    Tampoco creo que la enseñanza sea desgaleguizadora, cuando estudiaba yo, hace unos años, bueno la primera vez que lo propusieron fue en 2 de la ESO creo, habia algunos profesores que preguntaban a principio de curso en que idioma quería que nos diese las clases, entonces como la mayoria de mmi clase, por no decir todos o casi, hablabamos en castellano pos dabamos las clases asi,por otra parte tambien teníamos otros profesores que daban la clase en gallego, filosofia creo que era, y otros que daban en castellano.

    Un saludo

  5. o 2007-09-13 ás 8.38 pm 5.Luis dixo …

    A ver, por unha banda estou dacordo con Breogain en que é unha boa idea a de abrir as galescolas, aumentando así o número de prazas nas garderías, e haxa unha boa oferta. A posibilidade de que os rapaces aprendan o galegas nas aulas dende pequenos está moi ben (eu o defendo dende o principio até a fin); agora, non sei até qué punto hai unha influencia política en todo isto, e o digo pola parvada do Quintana, do himno e todo iso. Odio que usen o galego coma un intrumento nacionalista, mesmamente o que ti dicías Breogain, hoxe un rapaz que fala galego e o tilden de independentista. Iso non me gusta nada… E con iniciativas coma as galescolas, cicais cheguemos a unha normativización do galego.
    Pero repito: non me gusta cando empregan servizos públicos para a manipulación política, sobre todo na educación e entre os pequenos. Todo o demais paréceme de marabilla.
    Un saúdo

  6. o 2007-09-13 ás 9.37 pm 6.Brugal con Cola dixo …

    Ese es el problema Luis, ese es el problema.

    A consellería de Anxo Quintana, como le gusta que salga en todos los anuncios, utiliza esto como algo politico, por eso a mucha gente no le gusta lo de las galescolas.

    POr cierto tengo algun colega que me habla en gallego y no lo tacho de independentista de nada, pero, la verdad es que si suele pasar eso que dices.

    UN saludo

  7. o 2007-09-13 ás 10.49 pm 7.breogain dixo …

    do tema este poderíamos falar “largo y tendido”, eu agardo que ogallá todo vaia ben, deixen traballar á xente e non anden a difamar e emporcallar como fixeron estes dias dende el pais.com e algúns máis, botando lixo sobre unha chea de cousas da vida cotiá dos galegos, parece que agora tomáronna con nós e sempre están a sacarlle punta a todo, que se hoxe o hino galego, que se mañá as galescolas, que se pasado falarán da futura policia autonómica…en fin, que nos deixen traballar e tirar do carro para adiante, que temos moito que facer, levamos unha chea de anos de retraso, e ben o sabedes, con respeito aos demais, o puñeteiro ave, os aeroportos, e moito que falta por mellorar…

    unha aperta aos dous :)

  8. o 2007-09-14 ás 9.36 am 8.Luis dixo …

    Totalmente de acordo contigo, Breogain. Que nos deixen traballar, pero que os políticos espabilen e rematen todo o que comezaron: AVE, Cidade da Cultura, etc. Ademais de crear postos de traballo, que estou seguro que cando remate os estudos terei que irme da miña terra!
    Veña, unha aperta.

  9. o 2007-09-14 ás 3.41 pm 9.Sísar dixo …

    Ahí voy yo ;-)

    Lo que dice Breogaín no es del todo cierto. La anterior Xunta dejó adjudicadas las guarderías y lo que hizo la nueva Consellería fue redefinirlas, pero la partida presupuestario y puesta en funcionamiento corrió a cargo de la anterior Xunta de Galicia.

    El Mundo revelaba el pasado 4 de septiembre que además que el BNG ha creado algunos de estos centros a partir de antiguas guarderías públicas. En Vigo ahora aparecen como galescolas, por ejemplo, todas las antiguas guarderías que dependían de la Consellería de Familiacomo la guardería infantil del edificio de la Xunta. Es decir, si los funcionarios de la Xunta en Vigo quieren una guardería blilingüe o en castellano, a partir de ahora tendrán que rascarse el bolsillo y llevarse a sus hijos a otra parte.

    Respecto al traje es bonito y hasta me gusta. Si se va a una galescola que menos que un traje con los colores de Galicia. Yo soy partidario de que puedan convivir ambas pero sin exclusión y que el ciudadano no tenga que escoger una privada para educar a su hijo en bilingüe. En eso reside la libertad individual en la que creo.

  10. o 2007-09-18 ás 1.08 pm 10.Maruxa dixo …

    Efectivamente, eu támén son partidaria da liberdade individual que profesas Sisar, pero con todos os meus respetos, imos a deixarnos de tanta dobre moral, pois o certo é q até o de agora si querías que o teu fillo fose a un centro q imparta o ensino en galego a ver onde o atopabas,vulnerando claramente os dereitos lingüísticos dos pais galego-falantes,que queren educar en galego aos seus fillos nun país onde o galego é lingua oficial igual que o castelán. Non ocurrindo esto para os español-falantes….
    Breo, totalmente dacordo contigo.Dende sempre a igualdade entre ambas linguas foi de cara a galería,e o certo é q os problemas só existen para os que queremos vivir en galego na Galiza ( ti ven o sabes),xa que todo está en español, ou castelán,como prefiras.(non podemos facer a declaración da renda en galego,nen escriturar unha vivenda, sentencias xudiciais,despidos por uso do galego no traballo…sigo?)Considero que os poderes públicos por obrigación legal ( e xustiza social) teñen que adoptar medidas para fomentar o uso do galego, A NOSA LINGUA, e o que me parece realmente flipante, é que despois de tantos anos de desgaleguización e imposición do español, por unha vez que se fai unha aposta clara e firme pola defensa e uso da nosa lingua, haxa quén pon reticencias á mesma e tilde esa xestión como politizada, etc.Acaso certas críticas da oposición non responden a fins políticos?Acaso determinadas novas publicadas en xornais conservadores e españolistas non o están tamén? Respetemos dunha vez todas as opcións políticas e de vida. O único que se está a facer é por 1º vez garantir o dereito de escolarización en galego no sector público, DEREITO Q ATE O DE AGORA ERA INEXISTENTE PARA OS GALEGO FALANTES. O q me parece demagóxico é afirmar que queremos bilingüismo, e logo protestar por isto….
    En resposta á Brugal,estou dacordo que o inglés é importante, claro que sí, e o francés, o chino..etc, pero entendo que antes de saber outros idiomas, temos que empezar por coñecer ben a nosa lingua. E seguindo como íamos corremos o risco da total desgaleguización dos nen@s.Non podemos renunciar ao que somos. O problema é que moita xente en lugar de sentirse orgulloso do que é e das súas raíces, fai gala na práctica ao abeiro das súas afirmacións dun máis presente ca nunca complexo do galego…Ésta é a miña reflexión. Non quero entrar en polémica con ninguén,pero a ver se nos deixamos de demagoxia e somos máis claros. Parece que algúns son grandes defensores do galego, pero logo á hora da verdade a cadaquén se lle ve o plumeiro, moi respetable por outra parte,pero ” un poquito de por favor, e sexamos + coherentes cando facemos declaracións.Un saúdo pa tod@s.

  11. o 2007-10-09 ás 8.05 pm 11.xurxo dixo …

    Eu son un galego que resido fora de galiza fai unhos sete anos non por que eu queira senon polas necesidades da vida,con un fillo nacido en toledo e casado no mesmo sitio e o meu fillo falolle galego por que penso que algo de seu que ten que adeprender,como o castelan por que considero que tamen e galego,se Deus quer moy pronto volveremos pra galiza.Como galego sintome orgulloso da idea xa que estivemos demasiado tempo xa asoballados polo castelan e que poidamos falar a nosa lingua sen nengun inpedimento dende pequenos.Refirome soamente a lingua e non entro en discusions politicas que a min ne me van nen me veñen.

  12. o 2007-10-11 ás 9.35 am 12.breogain dixo …

    Ola Xurxo, alédome de que teñas esa consciéncia de galego fóra da túa terra, que lle fales o noso idioma ao teu fillo sendo nado fóra da Galiza é algo que che honra, as cousas aqui pouco a pouco van normalizándose, o galego sempre foi o irmán pobre do castelán tanto no ensino coma na publicidade ou na empresa, hoxendia as cousas están a mudar algo, tanto polo apoio institucional coma pola mesma iniciativa de empresas, sen ir máis lonxe e falando de Pontevedra, estes dias podiamos ver o anuncio de Gadis e na radio de Pontevedra a Seat ou a Opel de Pontevedra fan tamén as súas “cuñas” radiofónicas en galego, e por certo, se vives en Toledo xa sabes que en Olias del Rey tes un supermercado Froiz, galego e pontevedrés, asi que se queres facer País, ésa é a mellor forma.

    Unha aperta forte para un galego alén do Padornelo :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.