Cargando...

Actualidade 27 maio 2007

Resultados electorais en Pontevedra.

 ELECCIóNS 07| PONTEVEDRA

O PP consolídase como forza máis votada en Pontevedra, pero non chega á maioría absoluta.

 Có 97,95 % do escrutinio os nacionalistas perden tres concelleiros.


Tralo escrutinio do 97,95 % dos votos, en Pontevedra o PP de Telmo Martín acada 12 concelleiros consolidándose como a forza máis votada e rozando a maioría absoluta. O BNG acada 7 representantes, baixa tres con respecto ao mandato actual, e o PSdG consegue 6 representantes, un máis. O governo en coalición entre socialistas e nacionalistas poderíase manter xa que, entre ambos suman os concelleiros necesarios para ter maioría absoluta, polo tanto o titular deberia de ser "TODO SIGUE IGUAL EN PONTEVEDRA", pero a cousa non está tan clara, ao meu parecer o B.N.G. levou un duro correctivo nestes comicios, pode ser polo tema do tráfico, de ENCE-ELNOSA, cecais de Pasarón..? o que si está seguro é que estes resultados deberán facer reflexionar a Miguel Anxo Fdez. Lores e Mosquera, o governo coaligado pode ser que se revalide, pero a candidata á alcaldia polos socialistas dixera dias atrás que non governaria có Bloque, en fin, o que si debe de estar ben contento é o construtor, perdón, o candidato polo Partido Popular o sr. Telmo Martín, a ver que pasa nos vindeiros dias.

Chuzame! chúzame -

Trackback This Post | Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.